13 de xuño de 2014

Inicio de O corazon da outra beira

De George Gamow

- Pero o meu pai nunca dará o seu consentimento - dixo Vera Sapognikoff con acento desesperado.
- Ten que dalo - dixo Stan Situs. Estaba moi namorado.
Beira negou coa cabeza.
- O meu pai busca para xenro a alguén que poida axudarlle no seu negocio de zapatos, e substituírlle despois. Ti es un matemático. Non tes nada de fabricante de zapatos, non é certo?
- Supoño que non - asentiu Stan con tristeza, despois de pensalo un momento -. Quizá se me dedicase a outra rama das matemáticas... Pero son un topoloxista. Non vexo como pode contribuír a topoloxía á produción ou á venda de zapatos. 
Logo engadiu tercamente:
- Pero non podo renunciar a ti, Vera! Non podo perder á muller que amo só porque a cinta de Moebius non ten valor monetario!
- O que?
- A cinta de Moebius. Non che ensinei nunca ningunha?
Rebuscou nun caixón da mesa. Estaban no seu despacho da Universidade, e apenas tardou en atopar un anaco de papel, un par de tesoiras e un frasco de pegamento.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.