15 de xuño de 2014

Inicio de SHANSHAN

SHANSHAN
De Kit Reed

Cando Ella Demper dixo que ía dar outra festa na súa casa, eu pensei: Oh, non! Non despois da festa de modas de Billie Burke, onde terminamos por comprar todo o noso guardarropa de inverno para o próximos dez anos, porque Ella non nos deixaba marchar ata que o fixésemos, ou como a festa dos cosméticos Marvalon, desde a que teño suficientes pestanas postizas no meu tocador como para fornecer a dez estrelas do cinema durante cen anos. 
Ella dá unhas festas marabillosas, pero son a clase de festas ás que sempre acoden as amigas e veciñas e onde todo o mundo ten que comprar algo, xa se sabe, combinando o pracer co beneficio, como se di no folleto. E coma se iso non fose suficiente, non lle deixa a unha saír pola porta ata que non asine un cartón comprometéndose a organizar unha festa, e como as roupas ou os cosméticos ou o que sexa sempre parecen tan bonitos e tan fáciles de vender, termino por asinar sobre un compromiso de este ou aqueloutro tipo, porque estou convencida de que se Ella pode facelo, eu tamén. Só hai que tentalo e convidar a alguén á propia festa de Tupperware cando Ella xa celebrou a súa; eles sempre saben que a festa organizada por unha non será tan boa como a anterior, a pesar de que unha se pase días enteiros coa decoración e a pesar de que eles teñan para vender os seus propios artigos Tupperware.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.