29 de xullo de 2014

Fragmento de As Crónicas do Sochantre, de Alvaro Cunqueiro (III)

AS HISTORIAS

A xerra da cerveza andaba de man en man e de boca en boca. O señor sochantre facíase un algo de forza pra por os seus beizos por onde bebían os mortos, e quen partía o xamón era o médico Sabat, que por certo toraba con moito xeito cun grande coitelo gascón. Mui depreso de pimenta, non se lle botaba en falla ao xamón a sal. Os difuntos rulaban a modo, caladamente, uns de pe, outros sentados no chan e a madame de Saint-Vaast, mui envolveito o busto no seu boá de prumas coloradas, no cabás de monsieur de Nancy. Dáballe á xerra un tentó o sochantre cando no adro sentíronse pisadas de home que gastaba zocos cravados.
—Xa está ai, xeñor fidalgo de Quelven, o capitán de Combourg. ¡Que non vos corte a cal a dixestión! —dixo o médico Sabat.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.