22 de xullo de 2014

Fragmento de O CASAMENTO DO ALVARO de Ricardo Carballo Calero (A Xente na Barreira III)

Os pais de Amelia Ameixeiras eran de San Sadorniño, catro légoas de Souto. Fillo de labregos, o Adrián saíra listo como un raio e fixérase percurador. Fóralle ben no lugar da súa nacencia e trasladárase á cidade. En Souto a vida da súa casa desenrolábase cáxeque como na aldea. Horta e cochos. A colleita viña de San Sadurdiño, e o pan cocíase no forno feito no patio. No despacho do percurador amoreábanse os sacos de centeo, cheos dempois da malla e moitos baleiros denantes da nova; pero endexamais os que chegaban atopaban o sitio ceibe por enteiro. Na cocina do baixo penduraba sempre o pote da gramalleira. A muller facía a matanza coa criada, puña as zocas cando chovía pra ír coller as verzas e agarraba a picana pra tirar patacas pra xantar no tempo das novas.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.