8 de xullo de 2014

Fragmento de Unha presa de Terra

Unha presa de terra é unha obra de Marilar Aleixandre, nada en Madrid en 1947, escritora en lingua galega.

Durante os últimos días Ana tiña a sensación de que seguía os pasos doutro. En concreto os pasos do inspector Couto que, entre tantos homes no mundo, non sería precisamente o que ela escollería para seguilo. Preguntaba a xente coa que el xa falara, confirmaba a súa versión do sucedido, non conseguía engadir datos novos. Pouco a pouco, ía tomando corpo a sospeita, cada vez máis fundada, de que non había outra versión ou, case sería máis correcto dicir que non había dato ningún que encontrar. Porque Lulú parecía ser unha muller sen historia, que o único que fixera de relevancia en toda a súa vida fora morrer nunhas circunstancias tan absurdas.
A visita ó Trece, por exemplo, foi unha auténtica decepción. Non sacou nada en limpo, fóra do que xa lle contara o inspector. Lulú era unha moza máis ben calada, chegaba, servía as copas e marchaba para a casa. Un día baleiráralle a un seareiro cargante unha laranxada (ou unha tónica) na cabeza.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.