29 de setembro de 2014

Fragmento de "Turbo" de Miguel Suárez Abel

Estou agardando aínda a resposta que me debes, princesa. Aínda me débe-la razón da pregunta que che fixen en Blackpool, princesa. Merda para os dous. Merda. Estoume fartando. Todo ten o seu límite. Señor. Axúdame, meu Deus. O odio estame roendo a alma. Non aguanto. Pensa que porque me empreste este coche para ir á cea xa vou estar obrigado a aguantar todo o que queira. Elefante. Mamut. Vou ir a modo, polo menos non estropear-lle o coche. Maldito fume. Podo ir tranquilo. Sobra tempo. Pero a culpa non é só do elefante. Ela tamén está cambiada. Díxenlle o da carta. Nada. Díxenlle o da cea. Nada. Non a entendo. Hoxe é a última cousa que fago por ela.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.