17 de setembro de 2014

Inicio de ANXOS TUTELARES

ANXOS TUTELARES
C. S. Lewis

O Monxe, como o chamaban, sentou na cadeira de campaña, xunto á liteira e mirou pola xanela as areas ásperas de Marte, e o ceo negro azulado. Non pensaba iniciar o «traballo» ata que pasasen outros dez minutos. Desde logo, non o levaron alí para iso. Era o meteorólogo do grupo e o seu traballo como tal estaba xa case terminado; pescudara canto se podía pescudar.
Non podía facer nada máis, dentro do limitado radio daquela investigación, ata que transcorresen polo menos vinte e cinco días. E a meteoroloxía non fora o verdadeiro móbil da viaxe. Elixira pasar tres anos en Marte, como o máis próximo equivalente moderno da vida dun eremita no deserto.
Viñera a meditar: a continuar a lenta e perpetua reconstrución desa estrutura interior que era, ao seu xuízo, a finalidade principal da existencia. Transcorreron os dez minutos de repouso. Comezou coa fórmula afeita: «Doce e paciente Mestre, ensíname a ter menos necesidade dos homes e a amarche máis.» E emprendeu a tarefa. Non había tempo que perder. Só tiña por diante seis meses daquel ermo sen vida, sen sufrimento, sen pecado. Tres anos eran un prazo breve... pero, cando chegou o berro, levantouse da cadeira coa exercitada prontitude dun mariñeiro.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.