25 de setembro de 2014

XORNADA DE FOTOGRAFÍA

Para aqueles que queiran facer en grupo as fotografías do noso concurso fotográfico e andar un pouco.
O venres 26 de setembro invitamos a todos a reunirse na Sala de Xadrez do Centro Universitario de Riazor ás 17,30 e sair a facer fotos.
Buscamos que a xente faga as mesmas co encuadre das publicadas na nosa web para deste xeito contemplar a evolución da cidade.
Non é necesario ter coñecementos de fotografía nin ter unha boa cámara, mais si perspicacia para saber onde están feitas algunhas delas.
Lembra que para entregar as fotos o prazo remata o 30 de setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.