28 de novembro de 2014

Fragmento de As Palabras do Exilio

As Palabras do Exilio, obra de Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928.

No café Tortoni con Franco, Hitler, Stalin, Roosevelt...: ledicias e tristuras do exilio

O labor editorial en favor do libro galego iníciase en 1940, pouco despois de terminada a Guerra Civil, por quen reside na Arxentina desde hai catro anos. "Perdida" a Guerra Civil e iniciada xa a Mundial, nos primeiros tempos con clamorosas victorias para as forzas antidemocráticas, Luís Seoane e tantos e tantos exiliados españois, dobremente derrotados, prepáranse para un exilio non curto. Día duro para os nosos exiliados o 1 de abril de 1939, data na que Franco preside o Desfile da Victoria en Madrid; día dramático para os filocomunistas (como Seoane) o 22 de agosto de 1939 cando a Unión Soviética e a Alemaña nazi asinan un pacto de non agresión; día tráxico Para tódolos demócratas o 1 de setembro dese ano o día que o exercito alemán invade Polonia; días e días terribles para todos
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.