17 de novembro de 2014

O xabaril branco

Fragmento de O xabaril branco, de Xosé Benito Calvo Rego, nado en La Guaira (Venezuela) o 17 de novembro de 1954, xornalista e escritor galego, coñecido como Tucho Calvo.

O FITO MORREU EN BOS AIRES
Fito morreu en pleno centro de Bos Aires. Iso non é estraño, e en todo caso o único que chama a atención é que finase de morte natural despois dunha existencia tan difícil. O sorprendente, mesmo o incrible para quen non coñeza a súa vida, é que estaba a perseguir un xigantesco xabaril branco instantes antes de que dese o último alento.
A súa historia comezou cando o século XIX entrara xa de cheo na segunda metade. Foi nunha pequena e remota aldea dos Ancares. Daquela, se o tempo era bo, facían falla varias xornadas para poder chegar dende alí á vila. No inverno, o máis do tempo a neve impedía calquera aventura dese tipo e xentes e animais perma-necían refuxiados compartindo as pallozas sen ve-la luz do día.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.