19 de decembro de 2014

Texto dos Anxos e dos Mortos, de Anxo Rey Ballesteros

Sómosche un conxunto de soidades amoreadas —dicía Atanís cuspindo, bebendo viño que logo cuspía no chan, taniscando nervioso, intranquilo, a súa cachimba apagada, acenando cara a nós coas súas mans brancas, dun brancor inalterado, delgadas—. Ademais... esta cidade está ateigada de historia, chea de... chea de fantasmas por todas as partes. E de culpa. Eu non aguanto. ¡Uf...! Isto non: é de máis, é de máis, rapaz, é de máis. É arrepiante. Luísa, ti imaxínate: ben, ti xa sabes algo diso. Andabades a facer un traballo os dous, ¿non? Sobre os condes...—Luísa interviu—, Ah si. —A máquina tocadiscos rompía as nosas voces cunha cantina de Mungo Jerry, louca, que atravesaba, coma un refacho, o bar—. Ah, si, os condes de Santa Furoca do Val. Estame axudando Xoán, ¿non si? E divertido. O último varón importante da estirpe morreu no século quince, decapitado polos Reis Católicos. Eran unha familia moi orixinal. E tanto, —dicía Xoán— e tanto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.