8 de febreiro de 2015

Espectáculos Arriscados

Camiño cunha rapaza cara a praia, cando chegamos á mesma encontrámonos coas súas amigas.

Eu, tras saudalas, atopo un coitelo, collo e empezo a facer malabarismos con el, lanzoo, doulle voltas no aire e tras un rato de espectáculo decido seguir co xogo cos ollos pechados. Todos os malabares dependen do meu tacto e da miña imaxinación para saber onde caería cada vez que o lanzaba, a xente veme e mira sorprendida ata que o final non din e cáeme ao chan o coitelo, igualmente  a xente apláudeme como se fixera un bo espectáculo.

No obstante  aparece un home queixándose, un home con aspecto de moteiro, afeitado en forma de ferradura, con gafas de sol e cun coitelo na man. Dime que non me podo comparar con el, que o sabe facer moito mellor. De súpeto fai un movemento rápido en menos dun segundo pásame a milímetros da miña cara e fai catro xiros espectaculares cunha man. Eu quedo inmóbil e sorprendido ata que lle digo mentres me marcho “bo pode que sexas mellor pero eu teño mellor cu”, entre risas marcho ca rapaza e cas súas amigas.

Cando nos estamos achegando á rúa vemos que na nosa aceira había unha gran rampa, eu sen dubidalo despídome delas e empezo a correr por ela, saltala e caendo sobre os  peatóns da outra aceira. De feito había veces nas que volvía atrás para volver saltar e chocarme coas rapazas que pasaban.

Aquel día a rúa estaba repleta, ao outro lado dela había unha segunda rampa que daba a un río. A uns metros a xente miraba por unha ponte como moitos espontáneos saltaban ao río, na rúa había unha muller que estaba discutindo cas rapazas que querían saltar porque non podían saltar se non tiñan un pequeno corte na parte de arriba das orellas.

Dous nenos aparecen na veira do río, un deles, o que era gordiño di “imos facernos famosos, eu voume tirar ao río pero eu nun sei nadar, cando este a morrer toda a xente nos estará mirando, ai é onde entras ti e me salvas que ti sabes nadar, confío en ti. Se non temos sorte eu morro ”, o rapaz tirase e empeza a chapotear mentres afunde, o amigo cústalle moito mover ao gordiño pero sálvalle a vida.

Cando termina a escena de insensatez aparecen dous mestres de sedución dicindo “esas autenticas gilipolleces son as que non levan a ningures” e o compañeiro tamén añade “Aparte de xogarse a vida. Que sorte temos de vivir nesta terra, debemos estar contentísimos de poder experimentar a experiencia de vivir"

Recollido de cazandosonos.blogspot.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.