31 de maio de 2015

JOÁN SOÁREZ

JOÁN SOÁREZ COELHO [V 1017]

Luzía Sánchez, jazedes en gran falha
comigo, que non fodo máis nemigalha
dua vez; e, pois fodo, se Deus mi valha,
fiqu'end'afrontado ben por tercer día.
Par Deus, Luzía Sánchez, Dona Luzía,
se eu foder-vos podesse, foder-vos-ía.

Vejo-vos jazer migo muit'agravada,
Luzía Sánchez, porque non fodo nada;
mais, se eu vos per i houvesse pagada,
pois eu foder non possso, peer-vos-ía.
Par Deus, Luzía Sánchez, Dona Luzía,
se eu foder-vos podesse, foder-vos-ía.

Deu-mi o Demo esta pissuça cativa,
que ja non pode sol cospir a saíva
e, de pran, semelha máis morta ca viva,
e, se lh'ardess'a casa, non s'ergería.
Par Deus, Luzía Sánchez, Dona Luzía,
se eu foder-vos podesse, foder-vos-ía.

Deitaron-vos comigo os meus pecados;
cuidades de mí preitos tan desguisados,
cuidades dos colhões, que tragu'inchados,
ca o son con foder e con maloutía.
Par Deus, Luzía Sánchez, Dona Luzía,
se eu foder-vos podesse, foder-vos-ía.

30 de maio de 2015

Centenario de A metamorfose (XII)

Había un bo intre que terminara e permanecera estirado perezosamente no mesmo sitio, cando a irmá, sen dúbida para darlle tempo a retirarse, empezou a virar lentamente a chave. A pesar de estar medio durmido, Gregorio sobresaltouse e correu a ocultarse de novo debaixo do sofá. Para permanecer alí, aínda que só foi o breve tempo que a súa irmá estivo no cuarto, tivo que facer esta vez gran esforzo de vontade, pois, a consecuencia da abundante comida, o seu corpo avulárase o suficiente como para que apenas puidese respirar naquel reducido espazo. Un tanto sufocado, contemplou cos ollos desorbitados como a súa irmá, allea ao que lle sucedía varría non só os restos da comida, senón tamén os alimentos que Gregorio non tocara, coma se xa non puidesen aproveitarse. E viu tamén como o tiraba todo a un cubo, que pechou cunha tapa de madeira. Apenas se marchou a súa irmá co cubo,
Gregorio saíu do seu agocho, estirouse e respirou profundamente.

Desta maneira recibiu Gregorio, día tras día, a súa comida: unha vez pola mañá cedo, antes de que se levantasen os seus pais e a criada, e outra despois do xantar, mentres os pais durmían a sesta e a criada saía a algún recado ao que a mandaba a irmá. Sen dúbida os seus pais tampouco querían que Gregorio morrese de fame; pero talvez non puidesen soportar o espectáculo das súas comidas, e era mellor que só tivesen noticias delas a través da irmá. Talvez tamén quería esta aforrarlles un sufrimento extra.

Gregorio non puido pescudar con que desculpas despediran a primeira mañá ao médico e ao cerraxeiro. Como ninguén lle entendía, ninguén pensaba, nin sequera a súa irmá, que el puidese entender aos demais. Tiña, pois, que contentarse, cando a súa irmá entraba no seu cuarto, con ouvila xemir e laiarse. Máis adiante, cando ela afíxose un pouco á nova situación (desde logo non se podía esperar que se afixese por completo), Gregorio empezou a notar nela certos indicios de amabilidade.
«Hoxe si que lle gustou», dicía, cando Gregorio apurara a comida; mentres que no caso contrario, cada vez máis frecuente, adoitaba dicir apenada: «Vaia, hoxe deixouno todo.»

29 de maio de 2015

Fragmento de Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz.

Texto de Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947.

Todo empezou hai uns días, xusto na data en que eu cumpría corenta e dous anos. Levaba varios meses instalado nunha depresión que ameazaba con arrebatarme as ganas de vivir. Pero non perdera a esperanza e dentro de min gardaba a ilusión de que, en calquera momento, un golpe de sorte fixese cambiar a miña vida. Por iso, cando ese día lin aquel anuncio no xornal, pensei que estaba diante da gran oportunidade que viña buscando desde había tanto tempo. Podía ter ó alcance da man a solución de todos os meus problemas. Porque alí o dicía ben claro: Duplicamos todas, con ou sen mostra. Era, sen dúbida, o sinal que estaba a agardar.

...

28 de maio de 2015

Aforismos de Leonardo

190.- En todo o universo cada cousa desexa manterse na súa natureza; por iso a corrente de auga en movemento procura manter o seu curso segundo a potencia que a impulsa, e se tropeza cun obstáculo, acaba, por un movemento circular e torcido, o traxecto do seu curso empezado. 

27 de maio de 2015

Ebora

Fragmento de Ebora, de Xosé Carlos Caneiro Pérez, nado en Verín en 1963.

Ao seu carón camiñaban un tipo medio calvo, non demasiado alto, non demasiado baixo e un tipo groso, de pelo envurullado, rizo, gafas redondas, aspecto intrigante, extraviado en esculcadoras miradas. Suceso estaba presto para atacar, podían ser policías. Os outros catro, compañeiros do can abriron a boca.
O individuo pequeno, pelo liso, peiteado para atrás, cunha chaqueta de coiro marrón, fermosa, estirado, cun cigarro negro metido entre os dentes, estirado, moi estirado, volveu falar: Non se preocupen, estamos paseando, facemos ísto con frecuencia.
...

26 de maio de 2015

CARA ÁS ESTRELAS

CARA ÁS ESTRELAS

Morrer aos 86 e 82 anos, esposo e esposa, en accidente de tráfico, de noite e sen levar cinto, ten un certo resaibo poético que case me alegra por eles.

Na miña memoria sempre o mellor Russel Crowe e a máis guapa Jennifer Conelly.

D.E.P. profesor Nash, Alicia

25 de maio de 2015

Aristóteles

Grazas á memoria dáse nos homes o que se chama experiencia.

Aristóteles

24 de maio de 2015

JOÁN SOÁREZ

JOÁN SOÁREZ COELHO [V 1016]

María do Grave, grav'é de saber
por que vos chaman María do Grave,
ca vós non sodes grave de foder,
e pero sodes de foder mui grave;
e quer', en gran conhocença, dizer:
sen leterad'ou trobador seer,
non pod'homen departir este "grave".

Mais eu sei ben trobar e ben leer
e quer'assí departir este "grave":
vós non sodes grav'en pedir haver,
por vosso con', e vós sodes grave,
a quen vos fode muito, de foder;
e por aquesto se dev'entender
por que vos chaman María do Grave.

E pois vos assí departí este "grave",
tenho-m'end'ora por máis trobador;
e ben vos juro, par Nostro Senhor,
que nunca eu achei molher tan grave
com'é María (e ja o provei)
do Grave; nunca pois molher achei
que a mí fosse de foder tan grave.

23 de maio de 2015

Centenario de A metamorfose (XI)

Estaba moi avanzada a noite cando se apagou a luz do comedor. Gregorio comprendeu que os seus pais permaneceran en vela até entón. Ouviu como se afastaban os pés. Até a mañá non entraría seguramente ninguén a ver a Gregorio: tiña tempo dabondo para pensar, sen temor a ser importunado, no seu futuro. Pero aquela habitación fría e de teito alto, onde había de permanecer botado de bruzos deulle medo; non entendía por que, pois era a súa, a habitación en que vivía desde había cinco anos... Bruscamente, e non sen algo de vergoña, meteuse debaixo do sofá, onde, a pesar de sentirse algo estruxado, por non poder levantar a cabeza, atopouse deseguido moi ben, lamentando unicamente non poder introducirse alí por completo por mor da súa excesiva corpulencia.

Así permaneceu toda a noite, sumido nun duermevela do que lle espertaba con sobresalto a fame, e sacudido por preocupacións e esperanzas non moi concretas, pero cuxa conclusión era sempre a necesidade de ter calma e paciencia e de facer o posible para que a súa familia fixésese cargo da situación e non sufrise máis do necesario.

Moi cedo, cando apenas empezaba a clarear, Gregorio tivo ocasión de pór en práctica as súas resolucións. A súa irmá, xa case arranxada, abriu a porta que daba ao recibidor e buscoulle ansiosamente coa mirada. Ao principio non lle viu; pero ao descubrirlle debaixo do sofá -nalgún sitio había de estar- Non ía haber voado!? asustouse tanto que, compulsivamente, volveu pechar a porta. Pero inmediatamente arrepentiuse da súa reacción, pois volveu abrir e entrou a modo, coma se fose a
habitación dun enfermo grave ou un estraño. Gregorio, asomando apenas a cabeza fora do sofá, observábaa. Daríase conta de que non probara o leite e, comprendendo que non fora por falta de fame, traeríalle alimentos máis adecuados? Pero se non o facía, el preferiría morrer de fame antes que pedirllo, a pesar de que sentía enormes desexos de saír de debaixo do sofá e suplicarlle que lle trouxese algo bo para comer. Pero a súa irmá, asombrada, advertiu inmediatamente que a cazoleta
estaba intacta; unicamente verterase un pouco de leite. Recolleuna, e levouna.

Gregorio sentía unha gran curiosidade por ver o que a bondade da súa irmá reserváballe. A fin de ver cal era o seu gusto, tróuxolle unha variedade completa de alimentos e estendeunos sobre un xornal vello: legumes de días atrás, medio podrecidas xa; ósos da cea da véspera, rodeados de branca salsa callada; pasas e améndoas; un anaco de queixo que dous días antes Gregorio descartara como incomible; un mendrugo de pan duro; outro untado con manteiga, e outro con manteiga e sal. Volveu traer a cazoleta, que polo visto quedaba destinada a Gregorio, pero agora encheuna de auga. E por delicadeza (pois sabía que Gregorio non comería estando ela presente) retirouse canto antes e botou
a chave, sen dúbida para que Gregorio comprendese que ninguén lle ía a importunar. Ao ir Gregorio a comer, as súas antenas foron sacudidas por unha especie de vibración. Pero por outra banda, as súas feridas debían de curarse xa, pois non sentiu ningunha molestia, cousa que lle sorprendeu bastante, pois lembrou que máis dun mes atrá cortárase un dedo cun coitelo e que o día anterior aínda lle doía. «Terei menos sensibilidade que antes?», pensou, mentres probaba golosamente o queixo, que foi o que máis lle atraeu.

Con gran avidez e chorando de alegría, devorou sucesivamente o queixo, as legumes e a salsa. En cambio, os alimentos frescos desgustáronlle: o seu cheiro mesmo resultáballe desagradable, até o punto de que apartou deles as cousas que quería comer.

22 de maio de 2015

BABEL

Ánimo xente, acábase o Primeiro Acto electoral en apenas dous días.
Enterraremos por uns meses algúns eslógans (Nós ou o caos, A miña maioría é a que vale, a vosa non...) e cun poquitín de sorte cambiaremos algúns cromos gastados e sucios (Esperanza Aguirre, Rita Barberá...) por cromos igual de vellos pero que polo menos rezuman integridade (Manuela Carmena, Anxo Gabilondo, o meu Luís García Montero...) Só espero o necesario xiro ao social, alo comunitario, dunha cidadanía en serios apuros que non se salva co individualismo rampante que algúns pretenden impor como paradigma.
E a todos os candidatos, de calquera cor, dedícolles este himno ao entendemento, a tender pontes, que o pacifista Pedro Guerra escribiu un día:
"Contra a torre de Babel tendemos pontes,
lazos que convidan a entender.
Contra a torre de Babel nacemos mundos
feitos de mestura e de saber.
Contra a torre de Babel pechamos gabias
nas fronteiras do poder.
Contra a torre de Babel asombrámonos
e decidimos coñecer.
Abrazámonos, recibímonos,
atopámonos, definímonos.
Contra a torre de Babel sinais de fume,
unha botella e un papel.
(...)"

DGM

21 de maio de 2015

Aforismos de Leonardo

189.- Moitas veces una mesma cousa está sometida a dous influxos violentos: necesidade e potencia. Cae a auga, e a terra absórbea por necesidade de líquido; o sol a evapora non por necesidade, senón por potencia. 

20 de maio de 2015

Poesía popular


Fun á feira de Mal Vexas,
vin pola d'Arrastro Andes;
déitate e non te revolvas,
érguete e non te levantes.

19 de maio de 2015

PLAYLIST

PLAYLIST

Da musicalidade do himno galego non me queda xa dubida algunha, tras escoitar durante toda esta semana ás nenas tararearlo acotío... que din vos rumoroooooosos...fogar de Breogán, de Bre-o-gán... coma se dunha canción disneychanel ou 40 principais tratásese.

Creo que é bo que a incorporen á súa lista de éxitos así, con naturalidade, desde o cole; que lles guste desde as notas antes que desde o significado e o símbolo. Galicia é un sitio, un xardín secreto, do que aínda non son do todo conscientes. De momento o seu patio de xogo, o seu campo de fútbol no que non se pitan himnos, só se cantan, é o mundo enteiro.

DGM

18 de maio de 2015

Aristóteles

O ser inmóbil move como obxecto do amor, e o que el move imprime o movemento a todo o demais.

Aristóteles

17 de maio de 2015

JOÁN SOÁREZ

JOÁN SOÁREZ COELHO [V 1013]

Joán Fernández, o mund'é torvado
e, de pran, cuidamos que quer fiir:
veemo-lo Emperador levantado
contra Roma e Tartaros viir,
e ar veemos aquí don pedir
Joán Fernández, o mouro cruzado.

E sempre esto foi profetizado
par dez e cinque sinais da fin:
seer o mundo assí como é mizcrado
e ar torná-s'o mouro pelegrín.
Joán Fernández, creed'est'a mí,
que soo home mui ben leterado.

E se non foss'o Antecristo nado,
non averría esto que avén:
nen fiara o senhor no malado
nen o malado eno senhor ren,
nen ar iría a Jerusalén
Joán Fernández, o non bautiçado.

16 de maio de 2015

JUAN RULFO - Inicio de DÉRONNOS A TERRA

JUAN RULFO - DÉRONNOS A TERRA

Autor nacido o 16 de maio de 1917.

Despois de tantas horas de camiñar sen atopar nin unha sombra de árbore, nin unha semente de árbore, nin unha raíz de nada, ouvese o ladrar dos cans.
Un creu ás veces, no medio deste camiño sen beiras, que nada habería despois; que non se podería atopar nada alén, ao final desta chaira raxada de gretas e de arroios secos. Pero si, hai algo. Hai un pobo. Óuvese que ladran os cans e síntese no aire o cheiro do fume, e saboréase ese cheiro da xente coma se fose unha esperanza. 
Pero o pobo está aínda moi alá. É o vento o que o achega. Viñemos camiñando desde o amencer. Agora son algo así como as catro da tarde. Alguén se asoma ao ceo, estira os ollos cara a onde está colgado o sol e di:
-Son como as catro da tarde.
Ese alguén é Melitón. Xunto con el, imos Faustino, Esteban e eu. Somos catro. Eu o conto: dous adiante, outros dous atrás. Miro máis atrás e non vexo a ninguén. Entón dígome: "Somos catro." Hai un intre, como a iso das once, eramos vinte e tantos, pero aos poucos foronse desperdigando até quedar máis nada que este nó que somos nós.
Faustino di:
-Poida que chova.
Todos levantamos a cara e miramos unha nube negra e pesada que pasa por encima das nosas cabezas. E pensamos: "Poida que si."
Non dicimos o que pensamos. Hai xa tempo que se nos acabaron as ganas de falar.
... 

15 de maio de 2015

De quen falamos?

Un moi morto soberano inglés que fabricou a Mesa Redonda, e facía todo como un bo rei debe facer. Era hábil como cabaleiro. Como estaba moito tempo lonxe do palacio, a súa raíña empezou a coquetear.
A súa espada era unha marabilla.

14 de maio de 2015

13 de maio de 2015

Os xenerais de África

Fragmento de Os xenerais de África, de Vítor Vaqueiro Foxo, nado en Vigo en 1948, escritor galego.

Ás sete da mañá daquel luns de verán, Manuel Lence abandonou o leito. Probablemente, durante toda a noite, o seu sono navegou no desacougo, reflexionando nos acontecementos que comezaran a se desenvolver o sábado anterior a centos de quilómetros. Ás avesas, se cadra foi aqueia unha noite entregada ao afecto e, por derradeira vez na súa vida (aínda que nesta altura descoñecese o dato) executou o acto do amor, afervoado ou calmo, pois o conflito bélico foi aguillón notábel, no percurso dos séculos, quer para o aloumiño agarimoso, quer para a reprodución rutineira da especie. Existe, por derradeiro, a posibilidade de que naquela noite practicara a vixilia lonxe do seu fogar, esgotando cada un dos miúdos detalles que haberían de deitar a desfeita ou suceso da folga xeral que se convocaría para o luns ás oito da mañá. No devalar da Historia, de Espartaco a Roi Xordo, constituíron os necesitados a peza xusticeira contra a ignominia e a irracionalidade.

...

12 de maio de 2015

ANOMALÍAS

Acábome de tomar un iogur que por algunha estraña anomalía de fabricación carecía da lengüeta para abrir a tapa que tiñan os 500 iogures LARSA natural azucarado que me tomei os últimos dous anos. O seguinte volve ter a lengüetilla, que xa me fixei...
Por que me gustan tanto estas anomalías? Hai quen sostén que son as anomalías as que permiten dar saltos evolutivos ás cousas e ás especies, non sei, pero gocei como un tolo deixándome as uñas contra o bordo do iogur, coma se viaxase atrás no tempo.

DGM

11 de maio de 2015

Aristóteles

Pensa como pensan os sabios, mais fala como fala a xente sinxela.

Aristóteles

10 de maio de 2015

JOÁN SOÁIREZ

JOÁN SOÁIREZ SOMESSO [B 104]

Hogan', en Muimenta,
disse Don Martín Gil:
«Viv'en mui gran tormenta
Dona Orrac'Abril,
per como a quer casar seu pai;
e, a quen lho .menta,
cedo moira no Sil
e ar ela, se se con Chora vai».

E disse en Muimenta
en como vos direi:
«Ela viv'en tormenta,
segundo o eu sei,
per como a quer casar seu pai;
e, a quen lho .menta,
cedo o mate el-Rei
e ar ela, se se con Chora vai».

El disse en Muimenta,
assí me venha ben:
«Viv'en tan gran tormenta
que quer perder o sén,
per como a quer casar seu pai;
e, a quen lho .menta,
cedo moira por én
e ar ela, se se con Chora vai».

9 de maio de 2015

Centenario de A metamorfose (X)

Ao chegar á porta, comprendeu que o que lle atraera fora o cheiro de algo comestible. Atopou unha cazoleta chea de leite con azucre, na que flotaban trociños de pan. Estivo a piques de rir de gozo, pois tiña aínda máis fame que pola mañá.
Afundiu a cabeza no leite case até os ollos; pero enseguida retirouna contrariado, pois non só a ferida do seu costado esquerdo facíalle dificultosa a operación (para comer tiña que mover todo o corpo), senón que, ademais, o leite, que até entón fora a súa bebida predilecta -por iso, sen dúbida, puxéraa alí a súa irmá-, non lle gustara nada. Apartouse case con noxo da cazoleta e arrastrouse de novo cara ao centro da habitación. Pola rendixa da porta viu que a luz estaba acendida no comedor. Pero, en contra do habitual, non se ouvía ao pai ler en voz alta á nai e a irmá o diario da tarde. Non se ouvía o menor ruído. Quizá este costume, da que sempre lle falaba a irmá nas súas cartas, desaparecese. Todo estaba silencioso, a pesar de que, con toda seguridade, a casa non estaba baleira.
«Que vida tan tranquila leva a miña familia!», pensou Gregorio. Mentres a súa mirada perdíase nas
sombras, sentiu orgullo de poder proporcionar aos seus pais e á súa irmá tan sosegada existencia, nun fogar tan acolledor. De súpeto pensou con terror que aquela tranquilidade, aquel benestar e aquela alegría ían terminar... Para non abandonarse nestes pensamentos, preferiu porse en movemento e comezou a arrastrarse pola habitación.

Durante a noite entreabríronse unha vez unha das follas da porta, e outra vez a outra: alguén quería entrar. Gregorio, en vista diso, colocouse contra a porta que daba ao comedor, disposto a atraer cara ao interior ao indeciso visitante, ou polo menos a pescudar quen era. Pero a porta non volveu abrirse, e esperou en balde. Esa mañá, cando a porta estaba pechada, todos tentaran entrar, e agora que el abrira unha porta e que a outra fora tamén aberta, sen dúbida, durante o día, xa non viña ninguén, e as chaves foran postas na parte exterior das fechaduras.

8 de maio de 2015

De quen falamos?

Esposa do Luis número quince, a quen axudou a gastar os impostos dos franceses. Era unha coñecida chistosa. O seu humor terminou en Versailles cando aconsellou á chusma que comese pastel durante a fame do pan.
O seu enxeño non foi apreciado.

7 de maio de 2015

Aforismos de Leonardo

187.- O bo xuízo nace da boa intelixencia e a boa intelixencia deriva da razón, sacada das boas regras; e as boas regras son fillas da boa experiencia: nai común de todas as ciencias e as artes. 

6 de maio de 2015

Fragmento de O Capitán Lobo Negro, de Xesús Manuel Valcárcel,

A voltas polo fondo dunha inmensa tristura, dunha nostalxia insuperable, unicamente pensaba en volver. Non podía arredar do pensamento os prados nos que me criara, a luz ancha dos vales, os camiños e os amigos perdidos. En realidade, os meus verdadeiros pais foran os meus avós maternos, con quen me criara, porque os meus pais biolóxicos, por circunstancias que non son aquí do caso, abandonáranme nada máis nacer. Só algo despois de cumprir os oito anos, o día no que empeza esta historia, se aviñeran a facerse cargo de min. Ou así o pretenderon.
...

5 de maio de 2015

Sabedoría

A sabedoría suprema é ter grandes proxectos do tamaño suficiente como para non perdelos de vista mentres se perseguen.

William Faulkner

(DGM)

4 de maio de 2015

Aristóteles

Non hai que prestar atención a quen nos aconsella, so pretexto de que somos homes, non pensar máis que nas cousas humanas e, so pretexto de que somos mortais, renunciar ás cousas inmortais.

Aristóteles 

3 de maio de 2015

JOÁN SERVANDO

JOÁN SERVANDO [B 1075 / V 665]

De quant'hoj'eu no mundo temía
d'infançón, que non ha sén, del avén,
ca lhi pedí os panos que tragía,
e disse-m'el o que teve por ben:
ca os quería trager a seu sén
e, pois, na cima, que mi os non daría.

E, pois-lo vi nos panos perfiado,
entón puinhei máis en lhos pedir;
e disse-m'el: «Muito foi én pagado,
ide-vos alhur, e quando vos ar vir,
querrei os panos ante vós cobrir,
que sejades deles ben segurado».

E por én seerei ja sempre do seu lado,
per como m'ele os panos mandou,
u me partía del, desconfortado;
foi-me chamar, e des u me chamou:
«Joán Servando, pero m'assí'stou,
non vos darei os panos a meu grado».

2 de maio de 2015

Fragmento de Ruído. Relatos de Guerra, de Miguelanxo Murado.

Miguel-Anxo Murado López naceu en Lugo o 2 de maio de 1965, escritor, periodista e guionista español.


FOGO AMIGO

Estabamos nunha cafetería de Zágreb, tomando unhas cervexas cando vimos entrar un grupo de soldados da ZNG con aspecto abatido. Un deles falaba inglés e convidounos a sentar con eles. Era un técnico informático que agora estaba na fronte en Novska. El e os seus compañeiros viñan de desertar do seu posto. Esa mañá, a propia artillería os bombardeara. Mataran dous dos seus.
—Vimnos protestar diante do Comando Xeral. Isto non pode seguir así. É un desastre.
Logo deu un grolo á súa augardente e máis tranquilo engadiu:
—¿Sabe como lle chaman os americanos a isto? Fogo amigo. Fogo amigo. Quen inventa o vocabulario das guerras polo menos ten sentido do humor.
...

1 de maio de 2015

Frases de Pratchett

O vudú é unha relixión moi interesante para toda a familia, mesmo para os membros que están mortos.