4 de agosto de 2015

XÉNESE DO AUTÓNOMO

XÉNESE DO AUTÓNOMO

E dixo colérico Jehová Deus ante o home e a muller autónomos e arquitectos:

1. Traballaredes a terra, as parcelas, os cementos, e os despachos e daredes pracer ao burócrata.
2. Traballaredes de sol a sol até conseguir o pan, e non falaredes na noite senón é disto.
3. Cobraredes con dor e tarde.
4. Santificaredes os impostos, as cotas e as primas de seguros.
5. Os vosos deudos crecerán e coñeceredes ao inglés, para o que traballaredes sen descanso.
6. Á muller díxolle: multiplicarei as túas chamadas de teléfono e minimizarei as túas idas a Zara.
7. E ao home díxolle: contemplarás o teu PC para sempre e envolverás o teu sedentarismo en tecido adiposo, e che encorvarás ante o teu único señor: a dobre pantalla.
8. As vosas fillas sufrirán a dor dos seus pais e visitarán as obras menores e as maiores, e nelas e sobre elas farán augas tamén menores e maiores.
9. E chamou ao home Diego e á muller Nela...
10. ...e xa postos consultoulles sobre un problema de lindes entre ceo e terra.

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.