17 de setembro de 2015

Aforismos de Leonardo

204.- O costume de cortar os narices aos cabalos, é cousa digna de risa. Os necios practícana coma se cresen que a natureza omitira algunhas cousas necesarias, e que os homes deben corrixila. 
Ela fixo as dúas xanelas do nariz -cada unha das cales ten un ancho igual á metade do diámetro da canle dos pulmóns por onde se exhala o alento-, aínda que a boca, de non existir elas, bastaría sobradamente a ese fin. E se me preguntas por que a natureza dotou aos animais de narices, cando a respiración pola boca é suficiente, contestareiche que os narices serven para usalas cando a boca está ocupada en masticar o alimento. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.