5 de novembro de 2015

Aforismos de Leonardo

208.- Nada nace onde non hai vida sensitiva, vexetativa ou racional. Nacen as plumas sobre o corpo das aves e cambian todos os anos. Os pelos crecen sobre a pel das bestas e cambian tamén todos os anos, salvo nalgures, como nas barbas dos leóns, gatos e outros animais semellantes. Nacen as herbas sobre os prados e as follas sobre as árbores, e en gran parte renóvanse todos os anos. Poderemos, pois, dicir que a Terra ten alma vexetativa e que a súa carne é o chan, os seus ósos as ordes e agregacións das rocas que forman as súas montañas, os seus tendóns as tobas, o seu sangue as veas de auga. Poderemos igualmente dicir que ao lago de sangue que rodea o corazón corresponde o mar océano; que á respiración e ás palpitacóns do pulso co crecer e decrecer do sangue, corresponde na Terra o fluxo e refluxo do mar; que a calor da alma do mundo é o lume oculto no seu interior, e, en fin, que a alma vexetativa reside no mesmo lume que en diversos lugares do globo caldea a auga dos baños termais e móstrase en sulfataras e volcáns, en Mongibello de Sicilia e en bastantes sitios máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.