4 de novembro de 2015

Casa Cornide

Vemos a casa ou palacio de Cornide, que se atopa na rúa das Damas, xusto enfronte da Colexiata.
O edificio se construiu a  mediados do XVIII para Diego Cornide e alí viviu José Cornide Saavedra, naturalista, político e historiador.
A inicios do século XIX aquí estivo o concello, aínda que a mediados do século XX pasou a ser propiedade do Ministerio de Educación e antes xa albergaba o Centro Cultural Santo Tomás de Aquino, máis coñecido polos Tomasinos, iniciativa dos dominicos.
O Ministerio pensou instalar aquí o Conservatorio pero un intercambio de propiedades fixo que finalmente a casa pasase a propiedade municipal e o concello decidiu poxala. En 1962 tras a poxa, o mellor ofertante resultou ser Pedro Barrié da Maza, que manifesta o desexo de transferir a propiedade a Carmen Polo, esposa do dictador Francisco Franco.
Desta maneira a casa pasou aos Franco.
Comparando coa obra actual é moi rechamante o aumento do volume da casa. A parte traseira onde actualmente accédese ao garaxe parece ser que se construíu coa fachada do Hospital da Caridade, que estaba na rúa ben chamada entón do Hospital (onde non queda nada hoxe dese edificio).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.