6 de agosto de 2016

Fragmento de Criminal

Texto de Xurxo Borrazás Fariña, nado en Carballo o 6 de agosto do 1963, escritor galego.

Cando estes carballos medraban; cando non eran máis ca gromos claros e febles sobresaíndo a penas da terra recén arada, viron como algúns irmáns seus quedaban irtos no camiño, murchaban e deitaban no monte sometidos á forza da vida. As ladeiras da chousa, aínda despoboadas, deixábanlles verse os uns aos outros e competir inxenuamente para fuxir da súa fraxilidade.
Preto deles, os piñeiros vellos durmían indiferentes, aborrecidos e tristes. E de fronte eran tamén os prados e piñeiros os que inzaban os montes que desde alí se enxergaban.
Agradecían as mans que a cada tanto arrincaban as herbas entre eles, remexían a terra e soterraban aos conxéneres; achegándolles alento e saúde. Agradecían esas mans e recoñecían esas mans. As mans da xente que daba, sen pedir nada a cambio excepto os froitos sobrantes de ano en ano.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.