3 de setembro de 2016

Inicio de Mensaxeiro do Futuro

Mensaxeiro do Futuro
Poul Anderson


Coñecémonos por asuntos de negocios. A firma de Michaels desexaba abrir unha sucursal na parte exterior de Evanston e descubriu que eu era propietario dalgúns dos terreos máis prometedores. Fixéronme unha boa oferta, pero non cedín; elevárona e permanecín na miña actitude. Por fin, o director en persoa púxose en contacto comigo. Non era en absoluto como mo esperaba. Agresivo, por suposto, pero dun modo tan cortés que non ofendía, as súas maneiras eran tan correctas que dificilmente se advertía a súa falta de educación formal. De todos os xeitos, estaba a remediar con gran rapidez esta carencia con clases nocturnas, cursos de ampliación e unha omnívora lectura.
Saímos para beber algo mentres discutiamos o asunto. Conduciume a un bar que non parecía de Chicago: tranquilo, raído, sen tocadiscos, sen televisión, cun anaquel de libros e varios xogos de xadrez, sen ningún dos extravagantes fregueses que usualmente infestan tales lugares. Fóra de nós, había soamente media ducia de clientes, un prototipo de profesor egrexio entre os libros, varias persoas que falaban de política con certa obxectiva pertinencia, un mozo que discutía co camareiro se Bartok era máis orixinal que Schoenberg ou viceversa. Michaels e eu atopamos unha mesa nun recuncho e algo de cervexa danesa.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.