10 de novembro de 2016

Aforismos de Leonardo

260.- Cando o paxaro desexa virar sacudindo as ás, afundirá máis abaixo no aire a á que está ao lado cara ao cal quere torcer o seu voo, e así o paxaro torcerá o curso do seu voo de acordo co ímpeto da á que máis se moveu, e provocará no aire ao lado oposto a axitación correspondente. Cando o paxaro tenta elevarse no aire a golpes de á, levanta os ombreiros e oprime contra o seu corpo os extremos das súas ás. Aumenta así a densidade do aire que se atopa entre os extremos das ás e o peito do paxaro, cuxa presión o eleva no aire.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.