30 de novembro de 2016

Fragmento de A Memoria do Boi

Memoria do Boi foi escrita por Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946.

Un home vestido de palla entra en Boapedre cando serodia o inverno. Foi tanto tempo de outono este ano dezaseis que mesmo as árbores enmallaron as ponlas para se defenderen do vento. Río grande baixa en medras cara ao estómago do mar pequeno, o mar das casas, o mar martuxo que mente as tempestades que hai alén de Ons e Cíes, Sálvora... Home vén por vez primeira á cidade do sur e da boa entrega. Dixéronlle que ten aquí os ósos paternos da familia dando terra anónima. E fosforece cando alcanza a ollar o Burgo, cabo da ponte. Calza zocas de abidueira e gasta caxato con balouco de carballo para afincar ao chan. É menos home el có ruído dos seus pasos pola beira das laxes.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.