8 de xaneiro de 2017

Fragmento de Miss Ourense, de Bieito Iglesias

Fragmento de Miss Ourense, de Bieito Iglesias, autor nacido o 8 de xaneiro de 1957 en Ourense.

—Pónteme fóra. Xa abusaches dabondo da miña paciencia. Ben sei que es un metido e un sabichoso, pero comigo non che vale. Cando acabe contigo, vas ter que adicarte á carga e descarga.
Acabárase a paciencia, acabáranse as boas maneiras e o tratamento de respecto. O Chulo entrou na casa ameazándome co dedo índice, e eu camiñei cara ó coche, aparcado na estrada. Ó volverme para darlle unha última visual á casona, fixeime nunhas contras entreabertas. Unha man feminina asomou entre as follas da xanela, soltou un papeliño e pechou.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.