25 de xaneiro de 2017

Inicio de NEGO NEGOTIUM PERAMBULANS

NEGO NEGOTIUM PERAMBULANS
E. F. Benson

Posiblemente, o turista accidental que pase polo oeste de Cornualles, ao atravesar a abatida chaira elevada que se estende entre Penzance e o Finis Terrae, haxa observado un cartel indicador moi vello sinalando un terreo difícil e que no desgastado dedo que o mostra leva unha inscrición medio
borrada dicindo: «Polearn 2 millas», aínda que é probable que moi poucos sentisen a curiosidade de percorrer estas dúas millas para ver un lugar ao que as guías turísticas dedican un comentario tan superficial. É descrito nun par de liñas moi pouco suxestivas como un pequeno pobo de pescadores cunha igrexa sen ningún interese particular, excepto polos paneis de madeira gravada e pintada que forman a varanda do altar e que orixinalmente pertencían a outro edificio. Lémbrase ao turista que na igrexa de St. Crede existe unha decoración parecida, pero moi superior a esta en estado de conservación e interese, circunstancia que fai que mesmo os máis dispostos a visitar igrexas non sentan incitados para ir a Polearn. O reclamo é demasiado pobre para desexar tragarllo, e unha mirada a aquelas terras difíciles, que cando non chove ofrecen un alfombrado de pedras puntiagudas e cando chove presenta un río de lodo, seguro que lle fará decidir non expor o coche ou a bicicleta a este tipo de riscos nunha rexión tan pouco poboada como esta. Desde Penzance os seus ollos case non atoparon casa algunha e a posibilidade dunha picada ao percorrer media ducia de accidentadas millas parece un prezo demasiado alto para ver uns paneis pintados.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.