28 de febreiro de 2017

Fragmento de Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza

Fragmento de Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza, nado en Lalín o 28 de febreiro de 1957.

VINTE PESOS DE PRATA
As cataratas non deixan ve-lo bosque 
Fermín Cameselle

Na Casa Laureano da Ponte Vilariño daban comidas para feirantes e pescadores. Moitos anos atrás, antes da guerra, cando aínda se chamaba A Pousada da Ponte, que é como seguiamos dicindo na veciñanza, ofrecíanse tamén cuartos para hóspedes e case tódalas semanas facían alí parada e fonda cinco ou seis transeúntes. Pero o mundo dera moitas voltas desde aquela. Esmoreceran as feiras e maila fartura de troitas no Arnego e o principal dos ingresos da pousada xa non viña de camas e comidas senón das consumicións miúdas da taberna. Así e todo, de abril a setembro non faltaban forasteiros que paraban a degusta-la carne richada e as troitas grelladas con torresmos, especialidades da casa.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.