25 de marzo de 2017

Da sociedade dos poetas mortos

Da sociedade dos poetas mortos 

Non deixes que termine o día sen crecer un pouco, sen ser feliz, sen aumentar os teus soños. Non te deixes vencer polo desalento. Non permitas que ninguén che quite o dereito a expresar, que é case un deber. Non abandones as ansias de facer da túa vida algo extraordinario. Non deixes de crer que as palabras e as poesías, si poden cambiar o mundo. Pase o que pase a nosa esencia está intacta. Somos seres cheos de paixón. A vida é deserto e é oasis. Derrúbanos, magóanos, ensínanos, convértenos en protagonistas de nosa propia historia. Aínda que o vento sopre en contra, a poderosa obra continúa: Ti podes achegar unha estrofa. Non deixes nunca de soñar, porque só en soños pode ser libre o Home. Non caias no peor dos erros: o silencio. A maioría vive nun silencio espantoso. Non te resignes. Foxe.
"-Emito os meus alaridos polos teitos deste mundo", di o poeta. Valora a beleza das cousas simples. Pódese facer bela poesía sobre pequenas cousas, Non traizóns as túas crenzas. porque non podemos remar en contra de nós mesmos: Iso transforma a vida nun inferno. Goza do pánico que che provoca ter a vida por diante. Vívea intensamente, sen mediocridade. Pensa que en ti está o futuro e encara a tarefa con orgullo e sen medo. Aprende de quen poidan ensinar. As experiencias de quen nos precederon , dos nosos "Poetas Mortos", axúdanche a camiñar pola vida. A sociedade de hoxe somos nós: Os "Poetas Vivos". Non permitas que a vida che pase a ti sen que as vivas .... Walt Whitman

(Segundo a famosa peli, aínda que non existe)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.