9 de maio de 2017

A estilización dos motivos

A estilización dos motivos.

O que caracteriza a estas cerámicas é a estilización nas formas decorativas; así os barcos redúcense a esquemas e dos animais represéntanse só os trazos mínimos (pico, patas). A figura humana plásmase tamén con simples liñas e son moi abundantes as figuras con ambos os brazos levantados en actitude de executar unha danza. Nos obxectos de uso cotián de marfil (culleres, peites) abundan as decoracións de figuriñas talladas con formas humanas e animais (moi esquemáticas), que se adaptan aos mangos dos utensilios. Tamén hai figuras femininas exentas de marfil e arxila, que presentan un tamaño reducido.
As extremidades están separadas do tronco. O triángulo púbico, fortemente inciso, queda moi acentuado e é dun tamaño enorme, se se compara coa proporción da figura na que se acha inscrito. Son representacións de carácter simbólico en relación coa fertilidade. Outro tipo de figuras realizadas en barro representan corpos femininos co torso espido e os brazos alzados acabados en punta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.