6 de maio de 2017

Recomendación de Vázquez Montalbán

Seguindo con Vázques Montalbán unha recomendación súa de lectura

Rodeado de libros meus e alleos nesta Feira de Madrid, escollo Tanguy de Michel ou Miguel do Castillo, resucitado agora co aval de Muñoz Molina, libro capital para recuperar a memoria do cotián nos anos corenta, polo que estiven a loitar en varias editoriais españolas, hai 15 anos, sen éxito. Só conseguín apadriñar unha edición andorrana en catalán, cando este libro fora best seller nos anos 50 e a súa fama chegara a oidos do xeneral, ata o punto de que utilizou aos Luca de Tena para traer á súa presenza a aquel mozo hispanofrancés que tan demoledor testemuño daba dos hospicios da España triunfal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.