7 de agosto de 2017

Fragmento de Arraianos, de Xosé Luis Méndez Ferrin.

Texto de Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938.

Á noitiña, o condenado a morte decidiuse e acendeu a candea, que iluminou parcialmente o calabouzo. Bateu na porta berrando polo gardián.

—¿Quer outro xaruto? —díxolle este tan axiña como abriu, con grande estrépito de ferraganchos.

Aquela tarde déranlle viño doce ao prisioneiro, e unha pouca bica. O capelán trouxéralle un feixe de habanos, como obsequio por ser a derradeira noite que o prisioneiro pasaría no mundo.

—Cando queira máis un xaruto, pídello ao gardián; fume a vontade -dixéralle o crego.

Á mañá seguinte ao preso seríalle dado garrote na Praza Maior de Ourense, que había estar chea de xente, coma nos días de tourada. 

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario