19 de setembro de 2017

Os impoñentes templos do Imperio Novo exipcio

Os impoñentes templos do Imperio Novo exipcio

O acceso ao templo

Os templos constitúen o gran patrimonio arquitectónico do Imperio Novo. Foi a partir de entón cando estas edificacións se construíron como unidades autónomas do conxunto funerario e adquiriron unha importancia maior en relación co progresivo poder que lograron os sacerdotes durante ese período. Os templos enriquecéronse arquitectonicamente e alcanzaron magnitudes colosais, que non tiveron precedentes en épocas anteriores.

As cidades potenciáronse como centros relixiosos respectando as preferencias locais cara a determinadas divindades. Desde os núcleos máis importantes creáronse redes de camiños que comunicaban entre si os diferentes templos para facilitar as visitas.

En realidade, os templos, máis que moradas dos deuses, parecían castelos inexpugnables, pensados como lugar de culto e non como centro de reunión para o pobo. Á xente corrente só se lle permitía acceder ao patio, espazo inmediato tras a entrada do templo. O templo é a morada do deus, o santuario íntimo que debe permanecer pechado ao mundo externo. A plasmación desta idea cristaliza na organización estrutural das diferentes estancias do templo. Os espazos do seu interior sofren unha progresiva redución segundo avánzase cara ao interior, onde se acha a cella. É o lugar no que se atopa a estatua do deus. A esta zona só tiñan acceso o sumo sacerdote e o faraón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.