30 de novembro de 2017

Fragmento de A Memoria do Boi

Memoria do Boi foi escrita por Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946.

Na rúa do Peso da Fariña houbo corte con casa de muiñeiro, e nunca ao revés, porque a corte era a meirande e capaz de dar cabida a catro burros pedreses da orella cansada, con presebe cara á postura do sol, e dous mulos altos para facer as viaxatas á terra do millo e do centeo. As aceas, que foron de maré noutrora, pertencían de familia a don Amor de La Fuente Domínguez, xa vellote, que gastou tres mulleres propias coas que non tivo fillos. No casino chamábanlle o eunuco, cousa que el non soportaba e facíase ver pola cidade con impresionante paquete na entreperna. Os envexosos da Violiña deron en correr a voz de que estaba crebado. Cousa desmentida polas sucesivas esposas, en lerias e discusións ao efecto:
-Máis vale ter ca desexar.
—Pois dime onde, logo.
-No seu sitio xusto.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.