18 de decembro de 2017

Fragmento de Morning Star, de Xosé Miranda Ruiz

Fragmento de Morning Star, de Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955.

Capítulo XXIII
A fuga

—¡Un canón! ¿De onde carallo sacaron un canón? -berrou o Tolo.
—¡Silencio, agachádevos todos detrás das mesas e non perdades de vista o rossío! -ordenou o capitán-. Van vir ó amparo das bombas. ¡Moi atentos! E, se veñen, disparade sen medo, mentres avanzan non poden usar o canón.
—¡Vannos esnaquizar! -dixen eu-, e todo pola miñá culpa.
—¡Ca, rapaz, ti non regulas! -díxome, berrando, o Tolo-. Agora saben que sabes do tesouro e non podemos entregarte.
—¿Por que dis que o saben? -interroguei, e ollei ó Tomás, que se acochaba ó meu carón.
—Se non fixemos o trato, debe ser por algo, polo menos iso é o que vai pensar. ¿Entendes, parviolo? El cre que temos un motivo para non entregarte. E acerta -respondeu Matías.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario