9 de xaneiro de 2018

O poder da palabra

O poder da palabra

A palabra queda inmortalizada por medio da escritura. Esta posúe carácter divino, é un legado dos deuses. As palabras posúen mana que é a condición sobrenatural que permite, a través da lectura, que o defunto poida falar, isto é, participar da vida. Por iso é polo que na estatuaria exipcia non se conciba o retrato como copia mimética da realidade. O que individualiza, o que define un retrato como tal, é a palabra, é o nome inscrito na mesma escultura. A identificación da persoa prodúcese, pois, precisamente mediante o epigrama e non a través da adecuación das formas.

Os códigos de representación na estatuaria exipcia
Desde os inicios da estatuaria quedaron definidas as convencións que rexerían a representación. Estas normas considerábanse universais e prolongáronse no tempo sen apenas modificacións.
Independentemente da súa escala, desde as grandes estatuas colosais ás pequenas figuras votivas, todas responden ás mesmas leis de representación. Estas poden reducirse a dous: a lei de frontalidade -as estatuas constrúense para ser vistas desde un punto de vista frontal- e a lei de simetría axial -un eixo vertical divide á figura en dous partes iguais-. As estatuas representan os trazos esenciais das figuras sen deterse en puntos de vista distorsionadores, como podería ser un escorzo. A lei de frontalidade esixe a máxima claridade, non se narra ningunha historia e a figura representada é atemporal.

Os escultores exipcios non iniciaban o seu labor traballando directamente os bloques de pedra. Previamente, preparaban as masas pétreas en prismas regulares e sobre cada unha das súas caras trazaban unha cuadrícula que lles servía de guía para a realización da figura. Esta debuxábase sobre dous lados do bloque, de fronte e de perfil, aplicando medidas exactas segundo un canon. A composición da figura convertíase así na conxunción de dous planos imaxinarios principais: un vertical e outro horizontal. A partir destes dous planos perpendiculares articulábanse os volumes das figuras. A pesar de encadrarse dentro dunhas leis de representación ríxidas, as formas escultóricas están dotadas dunha certa graza e encanto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario