1 de xaneiro de 2018

Riazor


Unha foto que nos amosa a praia de Riazor, con esas curiosas rampas para achegarse á auga, que co paso do ano foron facéndose mais sólidas.
Xunto a praia estaba a Casa de Baños chamada A Primitiva, que abriu as súas portas en 1877. Preto da mesma, na rúa Rubine, estaba a súa competencia chamada A Saúde.
Menos importante e máis afastado do mar, situábase o balneario de Santa Margarida que databa da mesma época, xa que foi construido no 1878, que estaba rodeado dun frondoso xardín, xunto a fábrica de gasosas Santa Margaridta, nun lugar coñecido polo nome de Cristais.
Ao fondo na esquerda pode verse o depósito de auga costruido para dar servizo á Cidade Xardín.
Na dereita toda a zona do popular paseo de Miramar, que chegaba a onde hoxe está o colexio das Escravas e naquel entón situábase o antigo Campo de Riazor.
As barcas dan idea do aproveitamento pesqueiro que tiña este espazo que combinaba co ocio dos coruñeses nas paraias, onde todas as casetas que vemos, o Balneario e os xardíns, coas súas variadas cores daban vida á baía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario