26 de febreiro de 2018

Peirao dos Teatros

Vista da zona dos teatros dende o peirao. O peirao do teatro tomaba o seu nome fundamentalmente do Rosalía de Castro, e non tanto do Pardo Bazán que, como ca vimos, tivo unha vida curta.

O teatro que leva o nome de Rosalía de Castro foi un dos primeiros que coma tal se edificou en Galicia,no ano 1838.

No ano 1838 o Concello da Coruña adquiriu o terreo edificable da antiga igrexa de San Xurxo para construír o teatro. As obras finalizaron en 1841 e foi inaugurado como Teatro Novo ou Principal. No 1867 o teatro foi destruído por un incendio, sendo reconstruído ao ano seguinte.

No ano 1909 mudou o seu nome para homenaxear a célebre poetisa.

25 de febreiro de 2018

Cancioneiro

ARNALDO [Arnaut Catalán?] e AFONSO X

-Sénher, adars ie.us venh querer
un don que.m donetz, si vos plai,
que vulh vòstr'almiral esser
en cela vostra mar d'alai.

E si o fatz, en bona fe
qu'a totas las naus que la son
eu les farai tal vent de me,
qu'or anon totas amon (?).

-Don Arnaldo, pois tal poder
de vent'havedes, ben vos vai,
e dad'a vós devía seer
aqueste don; mais digu'eu, ai,
por que nunca tal don deu Rei?
Pero non quer'eu galardón;
mais, pois vo-lo ja outorguei,
chamen-vos "Almiral Sisón".

-Lo don vos dei molt mercejar
e l'ondrat nom que m'avètz mes,
e d'aitan vos vulh segurar
qu'en farai un vent tan cortés;
que mia domna, qu'es la melhor
del mon e la plus avinent,
farai passar a la dolçor
del temps, cum filias alteras cent.

-Don Arnaldo, fostes errar,
por passardes con batarés
vossa senhor a Ultramar,
que non cuid'eu que haja tres
no mundo de tan gran valor;
e juro-vos, par San Vicente,
que non é bon doneador
quen esto fezer a ciente.

23 de febreiro de 2018

Actuación do Rei

Na Idade Media, en todas partes de Europa, e Galicia non era unha excepción, todos os gobernantes tiranizaban aos do estamento mais baixo, obrigados a aguantar e obedecer, fose o seu señor un membro da aristocracia ou relixioso.

Poucas revoltas tiveran existido antes en Europa, polo que os Irmandiños, van ser unha das primeiras, importante pola súa extensión no tempo e castelos derrubados.

Que o rei, Henrique IV, de apoio a irmandade parece ter que ver co pouco que aportaban os nobles galegos á facenda real. E non so non había aporte dos nobres galegos, se non que por riba estes moitas veces poñían trabas a que os impostos das cidades que dependían directamente da coroa chegasen a ela.

Ademais o pobre rei tiña problemas cos seus irmáns, especialmente na época con Alfonso, quen lle discutira o trono, e que morreu en 1468.

19 de febreiro de 2018

Teatro Pardo Bazán

O teatro circo Emilia Pardo Bazán quizá foi o máis importante do seu xénero en Galicia e foi inaugurado en 1903.

Realmente o primeiro nome que se pensou foi do de Concepción Arenal, pero a familia da homenaxeada exeitou esta posibilidade e así lle deron o nome da escritora coruñesa.

Estaba situado no solar que hoxe ocupa a Autoridade Portuaria. Situábase así preto do Peirao de Ferro, un dos sitios de paseo dos coruñeses. Foi un adiantado sobre outros edificios de ocio como A Terraza, do 1905, o Quiosco Alfonso no 1912, o Pavillón de Liño Pérez en 1913 ou o mesmo Atlántico Hotel, en 1925.

Pero un dos seus grandes problemas era a veciñanza do Teatro Principal, chamado dende 1909 Rosalía de Castro. Así a súa viabilidade estivo sempre en mínimos e xa en 1912 pensaron en instalar alí a Escola de Comercio. Mais en 1915 o Concello aprobou a súa demolición.

Deste xeito remataba a curta historia deste edificio.

18 de febreiro de 2018

VASCO PÉREZ PARDAL

VASCO PÉREZ PARDAL

De qual engano prendemos
aquí, non sab'el-Rei parte:
como leva quant'havemos
de nós Balteira per arte;
ca x'é mui mal enganado,
se lh'alguén non dá conselho,
o que ten cono mercado,
se lhi por el dan folhelho.

Balteira, como vos digo,
nos engana tod'est'ano
e non ha mesura sigo;
mais, par fe, sen mal engano,
non terría por guisada
cousa, se el-Rei quisesse
de molher cono nen nada
vender, se o non houvesse.

E somos mal enganados
todos desta merchandía
e nunca imos vingados.
Mais mande Santa María
que prenda i mal joguete
o d'Ambrõa, que a fode.
E ela por que promete
cono, poi-lo dar non pode?

16 de febreiro de 2018

Poucas fontes

Un dos problemas de achegarse á historia dos Irmandiños e a escaseza de fontes. Nesta web tentaremos ir publicando semanalmente algunha curiosidade e dato do proceso, ás veces contrapostos, xa que estas poucas fontes foron obxecto de diverxentes interpretacións.

Os irmandiños fixéronse mais coñecidos cando se deu a coñcer a obra de Vasco de Aponte, "Relación dalgunhas casas e liñaxes do Reino de Galicia", que ainda que foi escrita non moito despois dos feitos, non veu a luz en publicación ata 1872.

A outra fonte principal foi a transcrición do preito Tabera-Fonseca, publicado xa a finais do século XX. O Tabera-Fonseca é un documento único que recolle os testemuños deste periodo.

Sería o desexable contar con máis material de estudo, que permitira anzalizar mellor os feitos.

12 de febreiro de 2018

Miramar

En Riazor existía un xardín cercano á praia, onde eran moi aprezadas as hortensias. O lugar era coñecido como Paseo de Miramar e discurría cerca do chamado Paque de Riazor, onde xogaba o Deportivo.

Os coruñeses tiñan neste espazo un dos seus lugares favoritos para o ocio.

11 de febreiro de 2018

ROI QUEIMADO

ROI QUEIMADO

Don Marco, vej'i eu muito queixar
Don Estevan de vós, ca diz assí
que, pero foi mui mal doent'aquí,
que vos nunca quisestes trabalhar
de o veer, nen o vistes; mais ben
jura que o confonda Deus por én,
se vos esto per casa non passar.

Qual desdén lhi vós fostes i fazer
nunca outr'hom'a seu amigo fez;
mais ar fará-vos ele, outra vez,
se mal houverdes, non vos ar veer;
ca x'é el home que x'ha poder tal,
ben come vós, se vos ar veer mal,
de vos dar én pelo vas'a bever.

Diz que o non guíi Nostro Senhor,
se vos mui ced'outro tal non fezer
(non vos veer quando vos for mester)
poi-lo non vistes; aínd'al diz peior,
un verv'antigo, con sanha que ha:
"Como lhi cantardes, bailar-vos-á",
ca non ha por que vos baile melhor.

9 de febreiro de 2018

O rei implicado

Como xa vimos A Gran Guerra Irmandiña (1467-1469), foi sucesora da chamada Irmandade Fusquenlla que actuara anos antes. Ambos os movementos foron idealizados, entre outros polo historiador Benito Vicetto, de quen xa falaramos e tamén por moitos outros que, interesados en dar a coñecer a vizosa historia do medievo galego, converteron estes deitos en referentes históricos inesquecibles.

Así, no imaxinario popular, xa ten callada a idea desta Revolta fonte á tiranía da nobreza.

Por coincidir en poucos anos coa "doma e castración" de Galicia por parte dos Reis Católicos, ás veces o movemento é tido por un movemento autonomista, cando realmente parece ser que estivo apoiado en todo momento polo rei, como xa contamos, Enrique IV.

5 de febreiro de 2018

Riazor

No 1909 os dous principais clubes coruñeses, Coruña e Deportivo, traballaron na construción dos seus campos de xogo, adiantándose os do Coruña por uns días. O Campo de Eirís foi inaugurado o 9 de maio e os deportivistas anunciaron para o domingo 18 de maio a apertura de Riazor, que foi unha cidade deportiva moi moderna para a época, situada onde actualmente está o Colexio das Escravas. A situación era magnífica e foi unha das causas de que o Deportivo aos poucos se convertese no equipo da maioría da cidade, que tiña un pequeno paseo ata o campo, ensombrecendo ao seu rival local.

Hai que dicir que pouco tardou en producirse a primeira intervención policial no campo; o 14 de xullo nun partido de rivalidade local, suceso acelerou os contactos para crear a Federación Galega.

4 de febreiro de 2018

ROI PÁEZ DE RIBELA

ROI PÁEZ DE RIBELA

Meu senhor, se vos aprouguer,
comendador, dade-mi mia molher;
e, se vo-la outra vez ar der,
dé-mi Deus muita de maa ventura.
Comendador, dade-mi mia molher,
que vos dei, e fazede mesura.

De fazer filhos m'é mester:
comendador, dade-mi mia molher,
e dar-vos-ei outra d'Alanquer,
en que percades a caentura.
Comendador, dade-mi mia molher,
que vos dei, e fazede mesura.

2 de febreiro de 2018

Irmandiños

Realmente existe algunha discusión sobre o propio termo que da nome a esta actividade.
Algúns consideran que o termo é un invento moi posterior, dos séculos afastados daquel no que sucederon os feitos.
Xa sería no século XX cando aparece citada como Revolta Irmandiña.
Xa tivemos ocasión de ver que coetáneamente o nome era o de Santa Irmandade.