3 de febreiro de 2018

Escola de Mandarines - capítulo 19

Escola de Mandarines
Miguel Espinosa

CAPÍTULO 19. Os Degolladores
 
Mosencio narrou así:

I

Cando Cirilo, o Procónsul, degolou ao último dos municipalizantes, no ano 1030020 da Feliz Gobernación, contou os mortos e viu que pasaban de seiscentos mil, polo cal decidiu dar por conclusa a represión e volver á Cidade. No camiño atopou a Calvo e Salvador, que viñan de cumprir idéntica
misión noutras provincias. Os tres espadas abrazáronse e fixeron desfilar os seus exércitos, os soldados de pequeno esqueleto, os soldados de ollos cargados e os soldados analfabetos. Despois, sen maiores consultas, formaron un Triunvirato para rexer o Imperio baixo a vixía das súas lexións. A isto chamouse Pacto dos Degolladores.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.