30 de marzo de 2018

1467 na historia

O ano do inicio da Revolta.

Poucos meses mais tarde de comezar a Revolta o rei de Castela, Henrique IV concedeu á vila de Pontevedra o privilexio dunha feira anual, a celebrar o 24 de agosto, día de san Bartolomeu.


26 de marzo de 2018

A Palloza

Peirao da Palloza.

Vemos a Fábrica de Tabacos, que era un dos grandes edificios da cidade e o mais salientable do antigo barrio dos pescadores, chamado Santa Lucía.

Este espazo era case un pobo dentro da Coruña, ata que o crecemento da cidade absorbeuno no século XIX. Por entón empezaron os cambios urbanísticos que provocaron a desaparición da zona claramente diferenciada do resto do municipio.

Un dos cambios fundamentais foi a chegada do ferrocarril, que fixo necesario trasladar a antiga capela de Santa Lucía, e os cambios seguiron ao longo dos anos, como na construción do viaduto da avenida de Alfonso Molina, que obrigou a recolocar o antigo mercado.

25 de marzo de 2018

JUIÃO BOLSEIRO e JOÁN SOÁREZ COELHO

JUIÃO BOLSEIRO e JOÁN SOÁREZ COELHO

-Joán Soares, de pran as melhores
terras andastes, que eu nunca vi:
d'haverdes donas por entendedores
mui fremosas, quaes sei que ha i,
fora razón; mais u fostes achar
d'irdes por entendedores filhar
sempre quand'amas, quando tecedores?

-Juião, outros máis sabedores
quiseron ja esto saber de min,
e en todo trobar máis trobadores
que tu non és; mais direi-t'o que vi:
vi boas donas tecer e lavrar
cordas e cintas, e vi-lhes criar,
per bõa fe, mui fremosas pastores.


-Joán Soares, nunca vi chamada
molher ama, nas terras u andei,
se por emparament'ou por soldada
non criou més, e máis vos én direi:
enas terras u eu soía viver,
nunca mui bõa dona vi tecer,
mais vi tecer algua lazerada.

-Juião, por estoutra vegada
con outro tal trobador entencei;
fiz-lhe dizer que non dezía nada,
com'or'a ti desta tençón farei;
vi boas donas lavrar e tecer
cordas e cintas, e vi-lhes teer
mui fremosas pastores na pousada.

-Joán Soárez, u soía viver,
non tecen donas, nen ar vi teer
berç'ant'o fog'a dona muit'honrada.

-Juião, tu deves entender
que o mal vilán non pode saber
de fazenda de bõa dona nada.

23 de marzo de 2018

Henrique IV

Este rei era fillo de Xoán II de Castela e de María de Aragón, e medio irmán de Isabel a Católica.

Á idade de 15 anos casou coa infanta Branca de Navarra, da cal non tivo descendencia. Disolto o matrimonio casou logo con Xoana de Portugal. Da unión naceu unha filla, Xoana, lexítima herdeira ao trono. A ambición de Isabel polo poder fixo que fora acusada de ser filla ilexítima de Beltrán de la Cueva; de aí o alcume de Xoana a Beltranexa. Do rei decíase que era impotente, e outros consideran que era homosexual.

Asediado polas revoltas e as exixencias dos nobres, Henrique IV tivo que asinar un tratado polo que nomeaba o seu irmán Afonso lexítimo herdeiro. Tras a morte deste asinou con Isabel o Tratado de Toros de Guisando, segundo o cal a nomea herdeira, deixando a súa filla Xoana fóra da sucesión, a cambio dalgunhas cuestións, entre as cales está que Isabel non casaría sen a aprobación do rei.

En 1469, o rei, ante o matrimonio secreto entre a súa irmá Isabel e Fernando de Aragón, celebrado en Valladolid, considerou violado o tratado e proclamou a súa filla Xoana como herdeira ao trono, xurando publicamente que era filla lexítima. Á súa morte, acaecida en 1474, comezou unha guerra civil entre os partidarios de Isabel e os de Xoana a Beltranexa, que se decidiu o 1 de marzo de 1475 na batalla de Toro. En 1479 terminou a guerra quedando Isabel I como raíña de Castela.

19 de marzo de 2018

Santo Antón

O castelo de Santo Antón foi construído no século XVI, e formaba parte, xunto co castelo de Santa Cruz e o castelo de San Diego, hoxe desaparecido, da rede de castelos e baterías para a defensa da cidade.

No lugar que hoxe ocupa o castelo, e que era un illote próximo ao porto da Coruña, existía a finais da Idade Media unha capela dedicada a santo Antón e nela confinábanse os navegantes con algún mal.

Xa na visita á Coruña de Carlos V o 14 de abril de 1520, o Consello da cidade fíxolle chegar a necesidade existente de contar cunha boa defensa para facer fronte aos ataques dos barcos ingleses.

Non foi ata o ano 1528 que escolleron a illa de Santo Antón como o lugar para a construción dunha fortaleza.

18 de marzo de 2018

JOÁN VÁSQUIZ DE TALAVEIRA

JOÁN VÁSQUIZ DE TALAVEIRA e JOÁN AIRAS

-Joán Airas, ora vej'eu que ha
Deus mui gran sabor de vos destroír,
pois vós tal cousa fostes comedir:
que, de quantas molheres no mund'ha
de todas vós gran mal fostes dizer,
cativ', e non soubestes entender
o mui gran mal que vos sempr'én verrá.

-Joán Vaásquiz, sempr'eu direi ja
de molheres moito mal, u as vir;
ca, porque eu foi end'ua servir,
sempre mi gran mal quis e querrá ja;
por gran ben que lh'eu sabía querer,
casou-s'ora, por mi pesar fazer,
con quen a nunca amou nen amará.

-Joán Airas, non tenh'eu por razón
d'as molheres todas caeren mal,
por end'ua soo, que a vós fal,
ca Deu-lo sabe que é sen razón;
por end'a vós ua tolher o sén
e dizerdes das outras mal por én,
errades vós, assí Deus mi pardón.

-Joán Vaásquiz, todas taes son
que, pois viren que non amades al
senón elas, logo vos farán tal
qual fez a min ua; e todas son
aleivosas; e quen lhis desto ben
disser, atal prazer veja da ren
que máis amar no seu coraçón.

-Joán Airas, vós perdestes o sén,
ca enas molheres sempr'houvo ben
e haverá ja, mais pera vós non.

-Joán Vaásquiz, non dizedes ren,
ca todos se queixan delas por én
senón vós, que filhastes por én don.

16 de marzo de 2018

Pedro Álvarez Osorio

Pedro Álvarez Osorio, non confundir con Pedro Osorio do que xa falamos, era fillo de Alvar Rodríguez Osorio e María Fernández de Sandoval e naceu en 1410 en Vilafranca. Morreu en 1483, sendo un dos máis importantes persoeiros do reino, como Conde de Lemos.

Contraeu matrimonio en 1433 coa súa tía Beatriz Henríquez de Castro, quen loitara para recuperar os títulos que o rei Xoán II de Castela confiscara ao seu irmán Fadrique. En xuño de 1456 Henrique IV  estipulou que o título de conde de Lemos -anteriormente ligado ao de Trastámara e Sarria- pasase a ter carácter hereditario.

Era o sogro de Pardo de Cela, e xa temos indicado algunha vez a famosa conversa:

... e dize el dicho testigo que al dicho tiempo Pardo de Cela, mariscal, dixera al dicho Conde que inchiese los carballos de los dichos basallos, e quel dicho Conde dixera que no queria, que no se abia de mantener de los carballos 

Hai unha fundación en Ponferrada que leva o seu nome: www.pedroalvarezosorio.org

12 de marzo de 2018

Peirao

Actividade no porto.

Un cargueiro a vela.

Polas construccións parece estar no chamado Peirao de Linares Rivas e que algúns coñecían como  do Garás.

A foto é dos anos trinta do século XX, cando aínda eran frecuentes estes barcos.

11 de marzo de 2018

JOÁN GARCÍA DE GUILHADE

JOÁN GARCÍA DE GUILHADE e LOURENÇO

-Lourenço jograr, has mui gran sabor
de citolares, ar queres cantar;
des i ar filhas-te log'a trobar
e t.es-t'ora ja por trobador;
e por tod'esto ua ren ti direi:
Deus me cofonda, se hoj'eu i sei
destes mesteres qual fazes melhor.

-Joán García, soo sabedor
de meus mesteres sempr'adeantar,
e vós andades por mi os desloar;
pero, non sodes tan desloador
que, con verdade, possades dizer
que meus mesteres non sei ben fazer;
mais vós non sodes i conhocedor.

-Lourenço, vejo-t'agora queixar
pola verdade que quero dizer:
metes-me ja por de mal conhocer,
mais eu non quero tigo pelejar
e teus mesteres conhocer-tos-hei,
e dos mesteres verdade direi:
"ess'é que foi con os lobos arar"!

-Joán García, no vosso trobar
acharedes muito que correger,
e leixade mí, que sei ben fazer
estes mesteres que fui começar;
ca no vosso trobar sei-m'eu com'é:
i ha de correger, per bõa fe,
máis que nos meus, en que m'ides travar.

-Ves, Lourenço, ora m'assanharei,
pois mal i entenças, e te farei
o citolón na cabeça quebrar.

-Joán García, se Deus mi perdón,
mui gran verdade digu'eu na tençón,
e vós fazed'o que vos semelhar.

9 de marzo de 2018

Diego de Andrade

Para fomentar o coñecemento do xogo irmandiños e da historia, INCUDE editou algunha pegatina con persoeiros e lugares implicados na Gran Revolta Irmandiña.
Que che parece a de Diego de Andrade?

5 de marzo de 2018

Dársena

A Dársena e como telón os edificios que hoxe compoñen a imaxe típica da Mariña.

A estampa tradicional da dársena coruñesa estivo sempre protagonizada por embarcacións de pesca, se ben antes do recheo os buques de carga tamén entraban nesta zona tan pegada ás edificacións.

A evolución do espazo portuario debe entenderse dentro do desenvolvemento da propia cidade. Trátase dun bordo artificial que marca o límite entre a cidade e o mar. A comezos do século XX determinouse facer o recheo, que alonxou os barcos dos edificios.

No ano 1906 Eduardo Vila realiza o proxecto da Dársena da Mariña e do Parrote. A dársena non só serviría para protexer as embarcacións menores, senón tamén para eliminar o aspecto insalubre da zona. A obra terminou no 1918.

4 de marzo de 2018

JOÁN SOÁREZ COELHO

JOÁN SOÁREZ COELHO e PICANDÓN

-Vedes, Picandón, soo maravilhado
eu d'En Sordel, [de] que ouço entenções
muitas e boas e mui boos sões,
como fui en teu preito tan errado:
pois non sabedes jograría fazer,
por que vos fez per corte guarecer?
Ou vós ou el dad'ende bon recado.

-Joán Soárez, logo vos é dado
e mostrar-vo-lo-ei en poucas razões:
gran dereit'hei de gaar [muitos] dões
e de seer en corte tan preçado

como segrel que diga: "Mui ben m'es
en cançós e cobras e serventés",
e que seja de falimen guardado.

-Picandón, por vós vos muito loardes,
non vo-lo catarán por cortesía,
nen por entrardes na tafularía,
nen por beverdes nen por pelejardes:
e, se vos esto contaren por prez,
nunca Nostro Senhor tan cortés fez
como vós sodes, se o ben catardes.

-Joán Soárez, por me deostardes,
non perç'eu por esso mia jograría;
e a vós, senhor, melhor estaría
d'a tod'home de segre ben buscardes:
ca eu sei canções muitas e canto ben
e guardo-me de todo falimen
e cantarei, cada que me mandardes.

-Sinher, conhosco-mi-vos, Picandón,
e do que dixi peço-vos perdón
e gracir-vo-l'-ei, se mi perdoardes.

-Joán Soárez, mui de coraçón
vos perdoarei, que mi dedes don
e mi busquedes prol per u andardes.

2 de marzo de 2018

Difusión do xogo

Aos poucos o xogo de INCUDE empeza a difundirse.
Agora mesmo estamos a falar cos organizadores do Asalto ao Castelo de Vimianzo para levar alá unha actividade no mes de xullo.
Agardamos que non sexa a única neste tipo de experiencias. Seguiremos informando.
Tentaremos levar o xogo a todos os recunchos!