30 de abril de 2018

Lavadoiro do Parrote

Como o concello a mediados do XIX decidiu evitar que se empregaran para lavar a roupa as fontes da cidade, empezaron a ter maior uso os lavadoiros.

E así a construción destes útiles edificios en varios puntos da cidade chegou ao Parrote, á beira da Capitanía e do Xardín de san Carlos, no 1893.

Daba servizo á Cidade Alta. Abastecíase da fonte da praza de Azcárraga ou da Fariña.

Colgaban a coada diante dás murallas da cidade, ás veces directamente sobre as pedras para clarexar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario