1 de abril de 2018

PERO DA PONTE e GARCÍA MARTINZ

PERO DA PONTE e GARCÍA MARTINZ

-Don García Martiiz, saber
quería de vós ua ren:
de quen dona quer mui gran ben
e lhi ren non ousa dizer
con medo que lhi pesará,
(e non o posso máis sofrer),
dizede-mi se lho dirá
ou que mandades i fazer.

-Pero da Ponte, responder
vos quer'eu e dizer meu sén:
se ela pode, per alguén,
o ben que lh'el quer, aprender,
sol non lho diga; mais se ja
por al non o pod'entender,
este pesar dizer-lho-á,
e pois servir e atender.

-Don García, como direi
a quen sempr'amei e serví,
atal pesar por que des i
perça quanto ben no mund'hei:
d'eu veer e de lhi falar?
Ca sol viver non poderei,
pois m'ela de si alongar.
E d'esto julgue-nos el-Rei.

-Pero da Ponte, julgar-m'-ei
ant'el-Rei vosqu'e dig'assí:
pois que per outren nen por min,
mia coita non sabe, querrei
dizé-la; e, se s'én queixar,
atan muito a servirei,
que, por servir, cuid'acabar
quanto ben sempre desejei.

-Don García, non poss'osmar
com'o diga, nen o direi;
a quen serví sempr'e amei,
como direi tan gran pesar?

-Pero da Ponte, se m'ampar
Deus, praz-mi que nos julgu'el-Rei.

Ningún comentario:

Publicar un comentario