8 de abril de 2018

PERO GARCÍA BURGALÉS

PERO GARCÍA BURGALÉS e AFONSO X?

-Senhor, eu quer'ora de vós saber,
pois que vos vejo tan coitad'andar
con amor, que vos non leixa, nen vos ar
leixa dormir, nen comer,
que farei a que faz mal amor,
de tal guisa que non dormio, senhor,
nen posso contra el conselh'haver?

-Pero García, non poss'eu saber
como vos vós possades emparar
d'amor; segundo quant'é meu cuidar,
que vos non faz muito mal sofrer,
ca tanto mal mi faz a mí amor,
que se eu fosse do mundo senhor,
da-lo-ía por amor non haver!


-Senhor, direi-vos que oí dizer
a quen del foi coitado gran sazón:
esse me disse que por oraçón,
per jajuar, per esmola fazer,
ca por aquesto se partiu del amor;
fazed'esto, quiçá Nostro Senhor
vo-lo fará por esto perder.

-Pero García, sempr'oí dizer
que os conselhos boos, boos son;
farei esso, se Deus mi perdón,
pois lhi per al non posso guarecer;
pois que mi tanto de mal faz amor,
rogarei muito a Nostro Senhor
que mi dé mort'ou mi o faça perder.

Ningún comentario:

Publicar un comentario