9 de abril de 2018

Santo Antón

A construción do castelo prolongouse desde o século XVI a boa parte do XVII, períodos durante os cales a cidade viu partir a Armada Invencible, tivo que facer fronte aos ataques ingleses, como o de Drake en maio de 1589, e ao acoso da frota do arcebispo de Burdeos no ano 1639.

Do século XVI ao XVIII foi un edificio defensivo e prisión, e máis tarde foi empregado de novo como lazareto para illar os mariñeiros que chegaban á cidade afectados dalgunha enfermidade infecciosa.

A fortaleza sufriu importantes reformas a partir do ano 1777 para instalar nela o Corpo de Enxeñeiros do Exército, reformas nas que se construíron unha batería baixa, un pequeno porto, unha capela, ameas e a casa do gobernador.

Estas reformas fixéronse necesarias ao quedar obsoleta a súa capacidade defensiva xa que os buques do século XVIII eran máis altos que o castelo, quedando as súas plataformas desprotexidas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario