29 de abril de 2018

VASCO GIL e PERO MARTINZ

VASCO GIL e PERO MARTINZ

-Pero Martiiz, ora, por caridade,
vós, que vos teedes por sabedor,
dizede-mi quen é comendador
eno Hespital ora da escassidade,
ou na fraqueza, ou quen no forniz,
ou quen en quanto mal se faz e diz.
Se o sabedes, dizede verdade.

-Pois, Don Vaasc', un pouco m'ascoitade:
os que mal fazen e dizen son mil:
eno fornizio é Don Roí Gil
e Roí Martiiz ena falsidade,
e ena escasseza é o seu priol.
Non vos pod'hom'esto partir melhor;
se máis quiserdes, por máis preguntade.

-Pero Martiiz, mui ben respondestes,
pero sabía-m'eu esto per min
ca todos tres eran senhores i
das comendas, comendadores estes,
e partistes-mi-o tan ben, que m'é mal;
mais ar quer'ora de vós saber al:
que mi digades de quen no aprendestes.

-Vós, Don Vaasco, ja me cometestes
doutros preitos; des i, ar dig'assí:
non mi deu algo, pero lho pedí,
o priol; e fodí, e vós fodestes
con Roí Gil; e meus preitos talhei
con Frei Rodrigu'e mentiu-mi-os, e sei,
per aquest', a sa fazenda daquestes.

-Pero Martiiz, respondestes tan ben
en tod'esto, que fostes i con sén
e trobador, e cuid'eu que leestes.

-De vós, Don Vaasco, tod'esso m'é ben;
hei sis'e sei trobar e leo ben;
mais que tard'i que o vós entendestes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario