31 de maio de 2018

A RESPOSTA

A RESPOSTA
Fredric Brown

Dwar Ev soldou ceremoniosamente a última conexión con ouro. Os ollos dunha ducia de cámaras de televisión contemplábanlle e o subéter transmitiu ao universo unha ducia de imaxes sobre o que estaba a facer.
Endereitouse e fixo un aceno a Dwar Reyn, achegándose despois a un interruptor que completaría o contacto cando o accionase. O interruptor conectaría, inmediatamente, todo aquel monstro de máquinas computadoras con todos os planetas habitados do universo - noventa e seis mil millóns de planetas - no supercircuito que os conectaría a todos cunha supercalculadora, unha máquina cibernética que combinaría todos os coñecementos de todas as galaxias.
Dwar Reyn falou brevemente aos miles de millóns de espectadores e oíntes.
Despois, tras un momento de silencio, dixo:
- Agora, Dwar Ev.
Dwar Ev accionou o interruptor. Produciuse un impresionante zumbido, a onda de enerxía
procedente de noventa e seis mil millóns de planetas. As luces acendéronse e apagaron ao longo dos moitos quilómetros de lonxitude dos paneis.
Dwar Ev retrocedeu un paso e lanzou un profundo suspiro.
- A honra de formular a primeira pregunta correspóndeche a ti, Dwar Reyn.
- Grazas - repuxo Dwar Reyn -, será unha pregunta que ningunha máquina cibernética puido contestar por si soa.
Volveuse á máquina.
- Existe Deus?
A impresionante voz contestou sen vacilar, sen o chasquido dun só relé.
- Si, agora existe un Deus.
Un súbito temor reflectiuse na cara de Dwar Ev. Deu un salto para agarrar o interruptor.
Un raio procedente do ceo despexado abateulle e produciu un curtocircuíto que inutilizó o interruptor.

FIN


Ningún comentario:

Publicar un comentario