26 de maio de 2018

Fragmento de Quintana Viva, de Xosé Filgueira Valverde.

NOS MAIOS
Naquel mes dos maios tiven moita dolor. Os rapaces andaban a cantar, polas rúas, e o recender das roseiras entraba polas ventás do xardín. ¡Que tristura teñen as cántigas e os arumes nun mes de maio tan tristeiro cal o meu! Porque naquel mes levaron ao meu pai nun cadaleito mouro e os cregos deixaron chea a casa dos laios das súas cántigas e do arume do seu incenso.
...
Este mes de maio
é o mes das flores
en que os paxariños
nos mostran os seus amores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.