2 de xuño de 2018

Inicio de ASÍ BURLAMOS A CARLOMAGNO

ASÍ BURLAMOS A CARLOMAGNO
R. A. LAFFERTY

-Estiveramos nalgúns moi altos-dixo Gregory Smirnov, do Instituto-, pero nunca nos atopamos nun tan grande como este, non rodeados de tan apaixonada expectación. Pero, se os cálculos de Epiktistes son correctos, este funcionará.

-Este funcionará-dixo Epikt
.
Era este Epiktistes a máquina Ktistec? Quen o crese? A masa principal de Epikt estaba cinco pisos debaixo deles, pero el instalara unha extensión de si mesmo ata aquel pequeno telladiño. O único que se necesitaba era un cable dun metro de diámetro cunha cabeza funcional montada no extremo.

E que cabeza escollera! Era unha cabeza de serpe de mar, unha cabeza de dragón, de cinco pés de lonxitude e copiada dun antigo entroido. Epikt deuse  tamén a si mesmo unha linguaxe humana, unha mestura de irlandés, hebreo e holandés que parecía sacada dun vello vodevil.

Pero tomouse aquel proxecto moi en serio.

(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario