4 de xuño de 2018

Inicio de A Fronteira

A FRONTEIRA
Eduardo A. Ponce

Anoitecía. Un fino manto de area e frío deslizábase ominosamente sobre a  cidade. Alá na fronteira, dous soldados escrutan o horizonte, apostados nas súas garitas, impertérritos ante o próximas quince horas de escuridade.
Holes aprendera, co transcorrer dos anos, a discernir case instintivamente, a través das continuas treboadas de area, cando se aproximaba cara á fronteira algún traslúcido. Willis, con todo, acababa de saír da Academia.
- Dígoche que o vin, polo norte. Camiñaba lentamente, pero o seu rastro era inconfundible - argumentaba Willis, sen despegar os ollos dos prismáticos de infravermellos.
- Mira mozo, levo seis anos neste deserto de morte, e podo asegurar, que antes que eses prismáticos capten a un traslúcido, xa o sentiches no teu cerebro e cheirado ao teu ao redor - contestou Holes, mentres acendía un cigarro.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario