26 de xullo de 2018

Aforismos de Leonardo

322.- Se vós, historiógrafos, ou poetas, ou matemáticos (homes de ciencia), non vistes as cousas cos vosos ollos, mal poderedes referilas por escrito; e se ti, poeta, queres trazar unha historia coa 
pintura da túa pluma, o pintor co seu pincel farao máis satisfactoriamente e, causando menos hastío, logrará que o entendan. Se ti chamas á pintura unha poesía muda, o pintor poderá replicarte 
dicindo que a poesía é unha pintura cega. Decide agora cal é a máis prexudicial das dúas incapacidades: a do cego ou a do mudo. Se o poeta é tan libre nas súas invencións como o pintor, as súas ficcións non procuran ao home tanta satisfacción como as pinturas, porque se a poesía empéñase en figurar con palabras, formas, feitos, sitios, o pintor busca na imitación das formas a maneira de reproducilas. Agora ben, que está máis preto do home: o seu nome de home ou a súa figura humana? O home cambia dun país a outro; a forma só se altera coa morte. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.