27 de setembro de 2018

Aforismos de Leonardo

331.- Así o amante será atraído cara ao simulacro da amada e falará coa pintura que a imita. Os pobos, con ferventes votos, marcharán en busca dos simulacros dos deuses, e non a ver as obras dos poetas que figuran con palabras a eses mesmos deuses. Até os animais déixanse enganar polas pinturas. Eu vin hai algún tempo como, enganado polo parecido, un can facía grandes festas a unha pintura que representaba ao seu amo; e analogamente vin cans abalanzarse ladrando contra cans pintados, querendo mordelos; e a un mono facer mil tolemias fronte a outro mono pintado; vin, en fin, golondrinas voando e tentando pousarse sobre os ferros figurados en saínte nas xanelas dos edificios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.