30 de outubro de 2018

A estatua do rei Chefren

A estatua do rei  Chefren
Unha estatua emblemática de  Chefren, faraón da IV dinastía, única polas súas colosais dimensións (20  m de altura), é a  esfinge que se atopa no complexo funerario de  Gizeh. Trátase da figura dun león acazapado coa cabeza do rei. Está escavada na montaña, aproveitando a forma orixinal de roca calcaria, de maneira que o corpo queda integrado na planicie do deserto, ao mesmo nivel, e o único que sobresae por encima é a cabeza. O rostro  idealizado de  Chefren mostra o tocado real e a barba cerimonial que  personifican a figura poderosa do león. A estatua xigantesca mira cara ao leste, o lugar por onde nace o divos Sol e con quen se identifica ao rei. A  esfinge simboliza, por tanto, o concepto de rei como divindade. É tamén o protector da terra -rexeita os malos espíritos-, erixíndose en gardián permanente da necrópole dos monarcas.

29 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XV

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XV

Despois Galicia como tódolos pobos de mestizos foi moi fácilmente asimiladora. Cando nos tempos almanzor ou grandes empuxóns deos Almujades e dos Almorálidas a xente quedouse en Galicia e misturouse e todo o máis quedan alí algunhas aldeas que levan o nome de mouriscados ou de mouriscos, que ahora tamén se empeza a pensar en outra cousa, porque se sabe que cando a expulsión dos mouriscos de España polo rei Carlos III, moitos mouriscos que claro que estaban, ou polo menos aparentasen convertidos o cristianismo viñeron a Galicia a traballar nos mosteiros e está probado sin lugar a ningunha dúbida que os, as fachadas neoclásicas e barrocas en Sobrado, de Monfero, de Oseira, de Lourenza de Meire etc. foron todas elas feitas por Moriscos, por .... mouriscos que aprovéitanse que en Galicia non había ningunha preocupación e inquisición galega non se preocupaba de nada, e non había ningunha preocupación por esto viñeron e quedáronse aquí e mostráronse aquí ca xente. Os xudeos misturáronse moi axiña.

28 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XIV

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XIV

Eu fai dous tres anos nunha viaxe por terra de campos que unha terra que me gusta moito, levaba eu metido na cabeza, sempre leva un metido cousas na cabeza, decía haber se atopo eu algo, poi unha sorrisa nunha muller o cabelo louro nun neno, un xesto algo nun paisan haber si que me recorde a min pois os galegos que fai tantos anos no 1130 trouxo aquí Alfonso III de León e non había nada, era por semana santa e unha xente unha gran xente e unha das mallores xentes de España e do mundo a xente da terra de Campos estaban serios nas iglesias, asistindo o sermón do desencravo como verdadeiros testigos, como si tivieran que dar non sei dunha quiza diante de Deus mesmo testimonio de pasión e morte do noso señor Xesucristo. Horas enteira ...., e despois xa por Pascua Frorida paramos nun pobo, non recordo ahora cal e había una meniño, un meniño loiro, loiro, loiro se os hai no mundo tiña unha cabeleira de ouro, tiña unhos ollos azul celeste e dixen hai atopei por fin, esta debe se a última gota de sangue galega traída das rías baixas por Alfonso III que queda aquí, e entón correu unha aboa, unha velliña correu a collelo neno, e díxome e que o pai está traballando e en Alemania e casouse cunha moza dalá, de modo que realmente non había, había caste gótica pero non a través do galego.

27 de outubro de 2018

Citas de Groucho Marx

Citas de  Groucho Marx
-Servizo de habitacións? Mándenme unha habitación máis grande.

25 de outubro de 2018

Aforismos de Leonardo

335.- Sucedeume hai algún tempo representar en pintura unha divindade. Un namorado da miña obra, comprándoa, desposuíuna dos atributos divinos para poder bicala sen sospeita de profanación. Pero a conciencia venceu ao fin os impulsos da sensualidade, e a pintura foi retirada da súa casa. Ea, pois, poeta! Describe unha beleza, sen representación de cousa viva, capaz de espertar nos homes semellantes apetitos. Se ti dis: «Eu describireiche o inferno ou o paraíso e outros horrores ou delicias», o pintor avantaxarache solicitándoche, en silencio, con iguais delicias, ou inspirándoche o desexo de fuxir cos horrores imaxinarios das súas pinturas. A pintura excita log sentidos máis pronto que a poesía. Se afirmas que, coa palabra, ti es capaz de facer chorar ou rir á multitude, contestareiche que non es ti quen a conmove, senón o orador e a súa fisonomía. Certo pintor representou a un home no acto de bostezar, e todos cuantos miraban a pintura bostezaban deseguido. 
Outros representaron actos luxuriosos, e as súas pinturas incitaban a quen as contemplaba, a imitar tales actos, cousa que non está ao alcance da poesía. Se ti, poeta, describes a figura dalgúns deuses, a túa escritura non merecerá as mesmas mostras de veneración que o cadro que a represente, o cal será obxecto de continuos votos e diversas oracións; e virán visitalo moitas xeracións de varias provincias e aínda dos mares do Oriente para pedir o seu socorro. Nada diso ocorrerá coa túa escritura. 

23 de outubro de 2018

As primeiras representacións do faraón

As primeiras representacións do faraón
Una das primeiras pezas escultóricas reais, pertencente á época  tinita, é unha diminuta figura de  marfil portadora da coroa do Alto Exipto, que representa ao faraón en actitude de marcha. No mesmo período xorden xa os prototipos  sedentes e de pé, tallados en pedra calcaria, nos que case non hai separación entre a cabeza e os ombreiros. Xeralmente, os dous pés adoitan estar xuntos. Se un deles aparece adiantado, entón ambos quedan unidos por restos de materia  pétrea. Ao principio, as estatuas  sedentes posuían trazos  majestuosos e moi expresivos, o que orixina no espectador unha profunda impresión. Co tempo, produciuse unha progresiva atenuación destes trazos, ata plasmar a total serenidade que caracteriza os rostros das estatuas exipcias. A partir da estatua do rei  Djoser, procedente do  serdab do complexo funerario de  Saqqarah (Museo Exipcio, O Cairo), quedan plenamente establecidos os códigos formais que rexerán a escultura exipcia.
É a primeira escultura de tamaño natural na que cristaliza a intención da procura de solemnidade. Esta exprésase a través da simplicidade das formas. Establécese o modelo ideal en posición  sedente. A figura forma entón un todo en unión cos dous planos que lle serven de soporte, un na base dos pés e outro no tronco-apoio. As extremidades inferiores están unidas, os brazos descansan un coa man estendida sobre as coxas e o outro co puño pechado pegado ao peito. A cabeza, co tocado real e a barba cerimonial, ten un rostro de trazos regulares, unha expresión inmutable, animada por ollos  vítreos. Pódese dicir que é un dos primeiros intentos da arte exipcio por dominar o estilo da representación humana.

22 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XIII

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XIII

Pero estas repoboacións que se fan de fora pra dentro na maior parte un 60% probablemente de xente de fora, xente que viña do sul un pouco máis tarde vaise facer de Galicia pra fora. e entón esto tamén toca cos celtas e non esto do humor Celta, e ca morriña do Celta cas churadiñas do celta, e ca gracia do celta e con todas estas cousas, e por exemplo cando Alfonso III de León fai unha racia por Portugal e chega casi hasta o texo, de feito pasou o Mondego e entón lévase con el de retorno a Galicia unha grande cantidade de xente con esta xente vai a repoblar parte da provincia de Ourense na zona que se extende pola veira do Miña, e sigue por Arbo as Neves etc, hasta casi Guillarei un pouco mai aló. E con outra parte desta xente vai a repoblar as Rías Baixas, e colle a xente das Rías Baixas que a maior parte dela era unha xente de caste gótica e polo tanto loura, leva nada menos que a terra de Campos e as Berdulias o norte da actual Castela. E dicir, que os casteláns en virtud de repoboación de Alfonso III de León teñen sangue galega nas rías baixas se que se lle pode chamar sengue galega ou sempre española a unha sangue daquel tempo, en fin, que todo se estaba facendo nela de modo que a Castela a xente das Berdulias e a xente da terra de Campos a estes casteláns das .... paralelas que teñen a pel mesmo da cor dos seus barbeitos das suas terrras de fulgado, pois toda esta xente e xente galega.

21 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XII

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XII

Entón a población de Galicia faise dunha maneira un tanto extraña. Temos estes pobos que foron o cu de saco do Fisterra, temos logo os romás, temos logo os suevos e entón cando ven a invasión musulmana hai naturalmente moita xente que ben do sur Celtas, e dicir, hispano celtas, do Guadiana: celtíberos bacios turdetanos toda a xente romanizada dende logo e despois sometida o imperio gótico, pero non dunha maneira tan decisiva como Galicia estuvo sometida os suevos, e dicie, hai zonas de España a terra de Campos os antiguos campos góticos campo Palati por Palencia onde efectivamente foi coma unha especie de explotación cereal dos romás pra lexión en España. Entón claro hai un reparto de terras, concentración de terras polos romás etc. E logo despois esto vano a continuar os visigodos e serán os campos gotorum a actual terra de campos non fixeron máis que heredar unha concentración de producción de cereal que xa habían organizado os romanos pero no resto non houbo nunca esa presión.

Tan pronto os mouros saen de Galicia, e dicir, que dan pra debaixo do miño e pra debaixo do sil procédese a unha reproducción bastante rápida, conservamos un documento precioso que é "Repoboación da diocesis de Lugo" polo obispo Odoacio, un obispo do século VIII, e ademais un documento moi precioso de leer, porque e como se un neno en vísperas de nadal fora a facer un pesebre, e puxera aquí os reises magos, alí a virxe e San Xosé e o neno Xesús e aquí xunto o río unhas lavandeiras, un pouco máis abaixo unha muller segando a herba, noutro lado un muiñeiro e noutro lado un pastor cunhas ovellas etc. Pois así vai o obispo Odoacio na sua repoblación vai dicindo que en Santa Eulalia de Bóveda fai unha iglesia e hai un palomar e ademais hai un río e entonces hai unha poste e hai un muiño que serán de fulano e podrá haber alí tantas ovellas e fulano daralle a iglesia tantos ferrados etc. todo esto tal, e encima a xente que trae, a xente a maior parte das veces na repoblación de Lugo a xente fuxida do sur de España. Servos dos señores góticos os que se chama un pouco confusamente, porque había moitas cousass que distinguir entre esles mozárabes e así queda repoboada por exemplo a provincia de Lugo.

20 de outubro de 2018

Citas de Groucho Marx

Citas de  Groucho Marx
-A política non fai estraños compañeiros de cama. O matrimonio si.

18 de outubro de 2018

Aforismos de Leonardo

334.- O único oficio do poeta consiste en finxir palabras de persoas que falan unhas con outras, e só estas palabras ofrece ao sentido do oído como naturais, pois o son en si en canto creacións da voz humana. En todos os demais casos, o pintor supérao. Pero máis numerosas, sen comparación, son as variedades a que se aplica a pintura que aqueles que son do resorte da palabra. Infinitas cousas fará o pintor que non poderán designarse con palabras, por carencia de vocábulos apropiados. Non ves, en efecto, que se o pintor quere figurar animais ou diaños no inferno a abundancia das súas invencións non terá límite? 

16 de outubro de 2018

A escultura exipcia no Imperio Antigo

A escultura exipcia no Imperio Antigo
As primeiras representacións do faraón A estatua do rei  Chefren Grupos familiares e escribas Durante as primeiras dinastías (época  tinita) a  estatuaria aínda non estaba plenamente definida nin codificada. Creáronse xa, con todo, figuras que  preludiaban as características da  estatuaria exipcia clásica.
Os materiais máis empregados son o  marfil, a madeira e tamén o barro esmaltado, que son elementos máis  mórbidos que a pedra, o que permite executar formas máis atrevidas.
Os tipos que aparecen con maior frecuencia son espidos femininos. Tratados con sutileza, teñen as pernas xuntas e os brazos estendidos ao longo do corpo. Destaca o triángulo  púbico fortemente inciso, característico símbolo da fertilidade. As pequenas figuras masculinas representan a homes de pé, cos brazos adheridos ao longo do corpo e un cinto  fálico como única peza ( Ashmolean  Museum, Oxford). Por último, as figuras que representan prisioneiros  arrodillados e atados poden ser independentes do soporte ao que se adscriben.
Son esculturas de vulto redondo. Tamén poden estar incorporadas a algún moble ou outros obxectos como parte da decoración.
As figuras de animais alcanzan unha execución moito máis audaz que a figura humana, prolongando a tradición prehistórica na que o animal era representado con asombrosa perfección e  verosimilitud. Son graciosas  figuritas realizadas en pedra ou noutros materiais (cerámica,  marfil) que reproducen animais -simios,  hipopótamos ou leóns. Algúns destes animais presentan actitudes ameazadoras con  fauces abertas, pero a maioría adoptan posturas graves e tranquilas. Este tipo de representación foise repetindo ao longo das distintas dinastías, pois a maneira de plasmar a natureza e de establecer relación con ela foi unha constante na cultura exipcia.

15 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XI

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XI

Ahora ó galego non lle fixo gracia ningunha esto dos suevos creo que algunha que outra vez se lle de o nombre de Suevia, en Vigo a un cabaret, en Coruña a unha casa de comidas, pero non ten maior importancia, a xente esto dos suevos non lle fixo gracia ningunha. E foi sin duda ningunha a aportación xa nos tempos históricos de sangue nova vida de fora máis importante que houbo en Galicia.

E por outro lado pode dicirse tamén sin lugar a dudas que tódalas familias nobles galegas da edad media, desde os Andrade os Feixoo, dende a familia de San Rosendo fundador de Celanova hasta os Montinegro e calquera todos en absoluto todos os Osorio de Moscoso etc. tódalas familias nobles galegas de Edad Media todas elas son caste gótica, caste sueva, todas elas levan sangue sueva, todos eles están emparentados San Rosendo dunha maneira moi directa por exemplo cos reises de León de Ordoño e demais todos eles, ben pois todas estas familias góticas en cambio a xente do país non lle importau nada nen lle deu importancia ningunha.

14 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA X

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA X

Galicia o que foi, foi un espléndido pobo de mestizos foi un pobo, era coma un fondo de saco. De modo que alí chegaron Ligures, esta atestiguado; chegaron Ilirios está incluso atestiguado polo sustrato lingüístico, chegaron algúns Celtas, chegaron despois os Romás e non sabemos se puido vir algunha xente polo mar, porque máis tarde e cas mismas dificultades de navegación si viñeron. De modo que se atoparon os romás. e entón chegou un gran pueblo xermánico, xa digo, o máis noble o máis ilustre de tódolos pueblos xermánicos que se habían posto en camiño hacia o extremo Occidente, os suevos.

Eran poucos pero o seu rastro no país e verdadeiramente impresionsante impresionante. En primeiro lugar somáticamente pode dicirse que tódolos galegos louros e de ollos claros etc, nunha gran cantidade son de sangue gótico. En segundo lugar sendo poucos repartíronse perfectamente o país. A toponimia galega excepto a máis recente ou toponimia romá ou algunha moi rara, e case toda ela Gótica todos esos pobos por exemplo terminados en IZ, como Guitiriz, Villadriz, Goiriz, Romariz etc, pois o que son Romariz e un ... Curiz despois o mesmo que despois por exemplo en Castela de un Sancho fara un Sánchez, de un Fernando fara un Fernández etc.

Guitiriz é un Guntericus e Villaoudrio e un .... de modo que son todos eles nomes xermánicos co posesivo final IZ.

Son tamén góticos todos os nomes galegos que terminan en Il como Villamil, Prencesmil, Freixomil etc. todos estos. De moso que a xente era pouca pero a sua influencia foi enorme.

13 de outubro de 2018

Citas de Groucho Marx

Citas de  Groucho Marx
-Son tan vello que lembro a  Doris  Day antes de que fose virxe.

11 de outubro de 2018

Aforismos de Leonardo

333.- Se describes, oh, poeta!, unha sanguenta batalla no medio dunha escura e tenebrosa atmosfera, que ensombrecen o fume de terribles e mortíferas máquinas e o espeso rebumbio que levantan na súa fuga, toleada polo temor e a morte, os míseros combatentes, o pintor supérache tamén neste caso, porque a túa pluma consumiría todo a súa poder antes de que termines a descrición do que o pintor, coa súa ciencia, lograría representar inmediatamente, e a túa lingua verase impedida pola sede, e o teu corpo polo soño e a fame, antes de que mostres coas túas palabras o que o pintor mostra coa súa pintura nun instante. E nesa pintura só faltará a alma das cousas representadas. De cada corpo verase integramente todo o que un só aspecto pode revelar; ao paso que a poesía necesitará repetir, con longo e molesto esforzo os movementos dos actores do combate e describir en detalle os membros dos seus corpos e ornamentos; cousas todas que a pintura che pon por diante con tanta rapidez como verdade. Só botarás de menos nela o estrépito das máquinas, o clamor terrorífico dos vencedores, os berros e queixas dos vencidos; pero sobre todo o poeta non poderá tampouco representalo ao sentido do oído. Diremos, en resumo, que a poesía é cega, que opera principalmente sobre os cegos, e a pintura sobre os xordos; e por iso a pintura pode reclamar para si máis alta dignidade, xa que serve a un sentido superior. 

9 de outubro de 2018

A beleza xuvenil como símbolo de eternidade na escultura exipcia

A beleza xuvenil como símbolo de eternidade na escultura exipcia
O corpo humano novo é harmonioso e, tamén, símbolo de vida e á vez de eternidade. Por este motivo, as esculturas das tumbas representan sempre un modelo novo.
O grao de  idealización das figuras é proporcional ao rango que estas ocupan na escala social. Canto maior sexa a xerarquía do personaxe representado máis fidelidade observarase cara ás normas. De aí o que se encarne o esplendor corporal. Os corpos dos faraóns son, por tanto, fortes e ben proporcionados e presentan ademais unha harmonía de formas que expresan o vigor xuvenil.
A idea de mocidade aparece  magníficamente representada na Tríada do rei Micerino (Museo Exipcio, O Cairo),  dechado de beleza e perfección en pedra  granítica. O rei, que está representado de pé, avanza un pouco para destacarse das outras figuras femininas que lle flanquean e que quedan nun plano posterior. As tres figuras son paradigmas de mocidade e fermosura, especialmente os corpos femininos que están dotados dunha sensualidade extraordinaria. As formas se  modulan insinuando os volumes rotundos que hai baixo a transparencia do vestido. As figuras parecen avanzar en perfecta orde desde o plano do fondo. A  simetría ordena a representación no seu conxunto e en cada unha das súas unidades.

8 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA IX

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA IX

As médulas no Bierzo, e unha das montañas Plinio dedicou unhas páxinas, unhas líneas, unhos párrafos verdadeiramente emocionante o traballo naquelas minas. Valerianos, cachearon tódolos montes e valeiraron totalmente aquela montaña de ouro, desvíaron o río Sil pra furar un monte e facer o que hoxe existe aínda Monte Furado, e poder meter por ahí o río e por outro lado poder aproveitar os venelos. Pódese asegurar, non se sabe dende logo que cantidades de Ouro podeiron haber podido salir de Galicia no século I, II do imperio. Pero pódese asegurar que saliu chámalle Otero Pedrayo a esa explotación mineira aurífera o "Clunique Galego" e e verda, saliu máis ouro dali, que puido haber salido de California nos días de (...) Galicia sostuvo económicamente co ouro das suas minas gran parte de política exterior romá no día de Trajano e de Adriano emperadores gloriosamente españoles píos felices (...)

Claro, entón aparecía o ouro en Galicia con certa frecuencia. Os celtas, os reises celtas tiñan Albinos. O albino din que ve o ouro na noite, e en tódalas lendas celtas hai sempre un rei que ten unha especie de Albino de cámara o que solta na noite, como se solta un can na hortta pra que vaia para ver se atopa ouro, e aparecen con moita frecuencia tesouros. Hai zonas en Galicia que son a de máxima densidá de achadegos de ouro, de toda a Europa Occidental. Esto fixo tamén non solo que se falara do Ouro dos celtas e que se repetira esta hasta saciedade senon dixo que en moitas aldeas galegas moi segredamente hai moita xente que ten escondido o libro de San Cipriano, "O Ciprianillo" donde da pelos e señales dos sitios en que se atopaban tesouros gárdanos os mouros. Algunhas veces pouces gárdanas as fadas, pero en xeneral o gardador dun tesouro é o mouro, hai que saber unhas determinadas palabras ou hai que sabendo as palabras se o mellor o tesouro está pechado entonces hi que .... as palabras cos dedos da boca e irlle dando unhas voltiñas hasta que un faga unha chave en cando ten a clave na man entonces abre a caixa do tesouro con ela.

7 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA VIII

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA VIII

Entonces xa os galegos estabamos como o peixe na auga, como, como celtas. ¿Por qué lle gusta esto a unha xente tan humilde coma nós, coma os galegos, dunha terra tantos longos anos pobre, unha terra realmente todos vós o sabedes, moitos de vós tedes sabido daqueles pequenas aldeas nosas, todos sabedes a pobreza da nosa vida cotián, por qué lle gustou esto porque preferiu por exemplo os suevos unha caste heroica tremenda grandes cabalgadores, grandes heroes unha das máis puras sangues que produxo nunca a selva xermánica, non foron estos celtas, esta xente esparexida que non logrou nunca formar un estado, sempre dividida en pequenos, en pequenos bandos indo pra aquí pra alá cos seus rebaños de vacas e cos seus rebaños de cabalos, facendo exorcismos ó ferro cando se lle traballa na fragua, unha raza pobre e sen embargo amiga do ouro, tan amiga do ouro que hai un libro dun gran filólogo irlandés actual, neste momento, dos estudios da lingua gaelica en Dublín o profesor Mc Macanan, moi amigo meu que escribiu un libro en que explica algúns dos éxitos, das emigracións dos celtas pola búsqueda do ouro.

Esto veu tamén a Galicia a mezclarse un pouco co problema dos celtas, por exemplo Murguía en que el pensaba hai unhas cartas de Murguía en que el pensaba escribir ou pensaba facer Don Vicente Risco tamén se preocupou moito deste tema, como vostedes saben cando os romás chegaron a Galicia foron un pouco sorprendidos pola cantidá de ouro que topaban nos chafas e nos deuses das distintas tribus, son esas xoias de ouro algunhas fermosísimas que se conservan nos museos galegos por exemplo no museo de Pontevedra e non museo de Lugo, os torques, as diademas o tesouro de Calas, o tesouro da Augalada o tesouro o gran torques de Burela en Ribadeo, que son nada menos que dúas libras en media de Ouro, etc.

E os romás explotaron o ouro galego, o ouro estaba como saben, no extremo sudeste de Galicia, no Sil.

6 de outubro de 2018

Citas de Groucho Marx

Citas de  Groucho Marx
-Fóra do can, un libro é probablemente o mellor amigo do home, e dentro do can probablemente está demasiado escuro para ler.

4 de outubro de 2018

Aforismos de Leonardo

332.- A imaxinación non ve tan excelentemente como o ollo, porque este recibe as aparencias ou similitudes dos obxectos e transmíteas á sensibilidade, e da sensibilidade ao común sentido, que as xulga. Pero a imaxinación non sae fóra do común sentido senón para ir á memoria, onde se detén e morre, se a cousa imaxinada non é de gran excelencia. Neste caso a poesía reaparece na mente ou na imaxinación do poeta, que inventa as mesmas cousas que o pintor e pretende con elas igualalo; pero queda moi lonxe del, como antes demostrámolo. Logo, pois, nestas invencións, poderemos axustándonos á verdade, dicir que hai tanta distancia da ciencia da pintura á poesía como entre o corpo e a sombra que proxecta; ou maior aínda, posto que a sombra de tal corpo entra polo menos polo ollo até o común sentido, mentres que a imaxinación do mesmo corpo nace alí mesmo, no común sentido (ou cerebro). Canta diferenza entre o imaxinar a luz no cerebro e vela efectivamente fóra das tebras! 

2 de outubro de 2018

Representacións escultóricas de personaxes secundarios en Exipto.

Representacións escultóricas de personaxes secundarios en Exipto.
As persoas que non teñen un rango divino, como funcionarios e serventes, están plasmados con maior realismo. Aparece, así, a escultura de xénero que representa oficios ou tipos concretos de persoas, como os escribas e os grupos familiares. En realidade, a escultura refírese sempre a tipoloxías que encadran as diferentes categorías sociais e non a individualidades concretas.
Son  paradigmáticas as figuras femininas de serventas, realizadas en calcaria  policromada de tamaño variado como o da  muiñria (Museo Exipcio, O Cairo), pertencente á V dinastía. A serventa está de xeonllos cun rodete entre as mans que utiliza como muíño plano. A figura capta unha acción e rompe por completo os esquemas mencionados anteriormente.
O feito de que se represente unha persoa pertencente a un rango social inferior permite plasmar unha escena chea de vida e temporal. Desaparece, pois, a rixidez e o carácter monumental. Outra figura, A cervexeira (Museo Exipcio, O Cairo), pertencente tamén á V dinastía, aparece representada de pé co torso inclinado sobre un gran recipiente para  prensar a cebada. Son frecuentes, así mesmo, os grupos familiares, en particular a parella de esposos, que poden permanecer de pé ou sentados, aínda que o máis común é que o home permaneza sentado e a muller de pé. A miúdo, ambas as figuras cóllense coas mans pola cintura.
A representación de nenos non é tan habitual, aínda que tamén aparecen en escenas familiares, sobre todo durante o período da reforma relixiosa do faraón  Amenofis IV, quen introduciu importantes modificacións nos temas e as normas escultóricas.
Un destes grupos familiares é o do anano  Seneb, da VI dinastía. A parella aparece sentada. Os dous fillos de menor tamaño están diante, unidos á parede  pétrea, na zona que ocupasen as pernas do pai de non tratarse dun anano. As diferentes expresións, de ton grave no rostro de  Seneb, de dozura na muller e de graciosa timidez nos nenos, outorgan ao conxunto un encanto indiscutible.
Hai un tipo de esculturas que sen chegar a ser exentas, case son de vulto redondo. Trátase de estatuas-relevo que se atopan integradas nos muros das  mastabas e  hipoxeos formando parte da propia arquitectura. As tipoloxías son as mesmas,  sedentes ou de pé; inicialmente estaban  policromadas. Nestes casos, a pedra cubríase cunha capa de  estuco sobre a que, posteriormente, aplicábase a pintura.

1 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA VII

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA VII

Entón Pondal colle a McPherson e os poemas ossiánicos e escribe el "Queixumes dos pinos" que son unhos poemas ossiánicos. Claro Pondal non sabía celta e tiña que inventar nomes para os celtas ¿que fai? colle os nomes das aldeas de Bergantiños, da Terra de Xallas, de Ponteceso, de Carballo, de Camariñas, de Xornes, de Ponteceso e estos nomes de lugares, estes nomes de bosques ou estes nomes de montes ou de ríos transfórmaos en nomes de celtas, en nomes de fermosísimas rapazas, en nomes de grandes reises, hai un pinar que se chama (Gundar.) bueno pois entón vai Pondal e inventa unha fada que se chama (Gundar...) que ten o cabelo de ouro... en fin á parte de mesturar con eles nomes como de Fingal, un dos heroes típicos dos poemas macphersonianos, e entón de aí vén xa está incontenible riada: os galegos somos celtas, están aí ademais os "Queixumes dos pinos"; somos irónicos e excépticos coma os celtas, somos racionalistas, amigos dos panaceos coma os celtas, somos amigos das recomendacións como os celtas, que tiñan un carballo e un dios metido nun carballo para poder mandar as recomendacións. Para colmo, nos procesos de inquisición que para Santiago que publican Tetamancy e Neira de Mosquera, resulta que un dos demos que máis circulan nos procesos de inquisición galega é o famoso Astarot que se chama Astarote nas bruxas dos procesos daquel tempo, e é aínda moi coñecido en certos lugares de Galicia. Eu teño localizado en tres ou catro sitios persoas que vamos, que falaban de Astarot e traballaban un pouco con el. Entonces este Astarot é amigo da xente rica, é amigo de facer favores, e xa no Talmud os xudeos consideran que é...., ah ben, hai que decir unha cousa que é que cando a rebelión dos ánxeles contra dios houbo un grupo que quedou neutral, e este grupo neutral, esta terceira forza, quen a mandaba era o demo Astarot. Pero entonces Deus dixo "¿Ah si? ¡Ó inferno todos!, porque está ditos nas escrituras que Deus vomitará os tibios", de modo que os neutrales tamén os mandou ó pozo e Astarot era o xefe deles. De modo que este home da terceira forza, polo tanto quere estar a ben con todos, especialmente cos ricos e é un avogado das recomendacións.