11 de outubro de 2018

Aforismos de Leonardo

333.- Se describes, oh, poeta!, unha sanguenta batalla no medio dunha escura e tenebrosa atmosfera, que ensombrecen o fume de terribles e mortíferas máquinas e o espeso rebumbio que levantan na súa fuga, toleada polo temor e a morte, os míseros combatentes, o pintor supérache tamén neste caso, porque a túa pluma consumiría todo a súa poder antes de que termines a descrición do que o pintor, coa súa ciencia, lograría representar inmediatamente, e a túa lingua verase impedida pola sede, e o teu corpo polo soño e a fame, antes de que mostres coas túas palabras o que o pintor mostra coa súa pintura nun instante. E nesa pintura só faltará a alma das cousas representadas. De cada corpo verase integramente todo o que un só aspecto pode revelar; ao paso que a poesía necesitará repetir, con longo e molesto esforzo os movementos dos actores do combate e describir en detalle os membros dos seus corpos e ornamentos; cousas todas que a pintura che pon por diante con tanta rapidez como verdade. Só botarás de menos nela o estrépito das máquinas, o clamor terrorífico dos vencedores, os berros e queixas dos vencidos; pero sobre todo o poeta non poderá tampouco representalo ao sentido do oído. Diremos, en resumo, que a poesía é cega, que opera principalmente sobre os cegos, e a pintura sobre os xordos; e por iso a pintura pode reclamar para si máis alta dignidade, xa que serve a un sentido superior. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.