25 de outubro de 2018

Aforismos de Leonardo

335.- Sucedeume hai algún tempo representar en pintura unha divindade. Un namorado da miña obra, comprándoa, desposuíuna dos atributos divinos para poder bicala sen sospeita de profanación. Pero a conciencia venceu ao fin os impulsos da sensualidade, e a pintura foi retirada da súa casa. Ea, pois, poeta! Describe unha beleza, sen representación de cousa viva, capaz de espertar nos homes semellantes apetitos. Se ti dis: «Eu describireiche o inferno ou o paraíso e outros horrores ou delicias», o pintor avantaxarache solicitándoche, en silencio, con iguais delicias, ou inspirándoche o desexo de fuxir cos horrores imaxinarios das súas pinturas. A pintura excita log sentidos máis pronto que a poesía. Se afirmas que, coa palabra, ti es capaz de facer chorar ou rir á multitude, contestareiche que non es ti quen a conmove, senón o orador e a súa fisonomía. Certo pintor representou a un home no acto de bostezar, e todos cuantos miraban a pintura bostezaban deseguido. 
Outros representaron actos luxuriosos, e as súas pinturas incitaban a quen as contemplaba, a imitar tales actos, cousa que non está ao alcance da poesía. Se ti, poeta, describes a figura dalgúns deuses, a túa escritura non merecerá as mesmas mostras de veneración que o cadro que a represente, o cal será obxecto de continuos votos e diversas oracións; e virán visitalo moitas xeracións de varias provincias e aínda dos mares do Oriente para pedir o seu socorro. Nada diso ocorrerá coa túa escritura. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.